UNIVERSIDADE DE VIGO
Podcast | O CIM celebra os seus 20 anos con tres xornadas de portas abertas
UNIVERSIDADE DE VIGO
O Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo celebrará do 6 ao 8 de novembro unha nova edición das súas Xornadas de Portas Abertas, cun programa que achegará a investigación mariña á cidadanía a través de visitas a laboratorios, actividades experimentais e percorridos científicos pola ría de Vigo. Durante tres días, o público poderá coñecer o traballo que desenvolven os grupos de investigación do centro, os recursos científicos cos que contan e a súa contribución ao coñecemento e á conservación dos ecosistemas mariños.
As xornadas coinciden este ano cunha dobre celebración: o 10º aniversario do CIM e os 20 anos da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (Ecimat). Para conmemoralos, o centro amplía a súa programación coa recuperación das visitas aos laboratorios dos campus de Vigo e Ourense e incorpora, por primeira vez, unha expedición científica divulgativa ás illas Cíes, en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
As actividades requiren inscrición previa, agás a feira científica de A Laxe, que será de acceso libre. A visita ás illas Cíes ten un custo de 8 euros por persoa.
As actividades comezarán o venres 6 coa apertura dos laboratorios do CIM nos campus de Vigo e Ourense. En Vigo, as persoas visitantes poderán percorrer instalacións científicas e coñecer investigacións relacionadas coa ecoloxía, a bioloxía, a xeoloxía, a zooloxía, a química e a xestión dos recursos mariños. O persoal investigador explicará os proxectos nos que traballa e convidará ao público a participar en experimentos e actividades prácticas para descubrir como se aplica o método científico. As visitas realizaranse en tres quendas, ás 10.00, 10.30 e 11.00 horas, cunha duración de dúas horas e media cada unha. Pola súa banda, en Ourense, o grupo de investigación EPhysLab abrirá os seus laboratorios para amosar as técnicas e ferramentas coas que estuda os procesos físicos relacionados co medio ambiente e o clima.
A principal infraestrutura de investigación do CIM, a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, abrirá tamén as súas portas para amosar os seus equipamentos e servizos científicos que permiten desenvolver investigación experimental a pé de mar. As persoas asistentes coñecerán o funcionamento dos diferentes espazos e o traballo necesario para manter operativas as instalacións científicas, así como algún dos experimentos e proxectos que se desenvolven na estación. As visitas do venres realizaranse en dúas quendas, de 10.00 a 12.00 e de 12.30 a 14.30 horas.
O sábado 7 o CIM ofrecerá dúas propostas simultáneas para achegar ao público diferentes vertentes da investigación mariña. Por unha banda, a Ecimat continuará coas súas xornadas de portas abertas, permitindo ás persoas visitantes percorrer as instalacións, coñecer os proxectos científicos que se desenvolven nelas e participar en actividades prácticas co persoal investigador e técnico. As visitas organizaranse en seis quendas, con saídas ás 09.30, 09.45, 10.00, 12.30, 12.45 e 13.00 horas, cunha duración de dúas horas cada unha.
Paralelamente, regresará unha das actividades das anteriores edicións: "Embárcate co CIM nunha campaña!" A bordo do barco escola Nautilus, realizaranse dúas travesías pola Ría de Vigo, de 09.00 a 11.30 e de 12.00 a 14.30 horas. Durante os percorridos, o persoal do CIM acompañará as persoas participantes por diferentes puntos de interese científico e estacións de mostraxe, onde explicará os proxectos que se están a desenvolver, amosará técnicas de mostraxe oceanográfica e dará a coñecer como se obteñen os datos necesarios para estudar a biodiversidade, as características ambientais e o funcionamento dos ecosistemas costeiros.
A principal novidade desta edición chegará o domingo 8 cunha expedición divulgativa ás illas Cíes, organizada en colaboración co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. A proposta permitirá achegarse a este espazo protexido desde unha perspectiva pouco habitual: a de quen estuda os seus ecosistemas e os procesos naturais que os configuran. Durante a visita, que se desenvolverá entre as 09.00 e as 14.00 horas, o persoal do Parque Nacional e investigadores do CIM guiarán aos participantes nun percorrido para descubrir a súa xeoloxía, os seus ecosistemas e a súa biodiversidade mariña.
Elsa Vázquez foi nomeada directora do CIM a principios de outubro, relevando a Daniel Rey e deixando vacante o Decanato da facultade de Ciencias do Mar.
Pregunta. Acaba de asumir a dirección do CIM. Que obxectivos se marca para esta nova etapa?
Respuesta. Temos un reto importante como centro de investigación, que é mellorar en todos os indicadores cos que nos miden como centro de excelencia da rede CIGUS da Xunta. Por un lado, temos que seguir coa investigación de vangarda e captar novos investigadores para substituír aos do xeración do baby boom que se xubilarán de aquí a cinco anos. Outro dos retos, ademais de seguir aí n a parte investigadora e na captación de fondos para seguir investigando, é ir creando e xerando as condicións para que se dea este relevo xeracional.
P. Por que é ten importante que a xente coñeza instalacións como a Ecimat?
R. Porque, por un lado, queremos ensinarlles a nosa casa e por outro, tamén queremos presumir do que temos. A Ecimat é unha estación punteira en Europa e hai poucas no mundo como o que temos en Toralla. Non é unha esaxeración, estamos dentro dunha rede europea de estacións de ciencias mariñas, temos investigadores de toda Europa, pero tamén de Canadá, Estados Unidos, Latinoamérica… que veñen a facer experimentos a Toralla porque temos uns mesocosmos, sistemas de cultivos moi punteiros. Ofrecemos estes servicios non só para investigadores de aquí, senón tamén para os de fóra.
P. Que aporta ese contacto coa cidadanía?
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIVERSIDADE DE VIGO
Podcast | O CIM celebra os seus 20 anos con tres xornadas de portas abertas
XENTES POPULARES
A forza da transmisión