O baile de Carlangas, artista galego
NOVO ÁLBUM
“Bailódromo Vol. 1”, o segundo álbum solista de Carlangas, xa está dispoñible
Con aroma a mixtape e abrazando distintos xéneros de baile, como o disco, o rock, o bolero ou o future-funk, Carlangas estrea o seu segundo álbum solista “Bailódromo Vol. 1” e anuncia unha xira española coa que recalará na súa patria galega cun concerto en Santiago de Compostela o 26 de abril. “Estou en procura constante de cousas que me emocionen”, destaca o artista que tras o seu suceso con Novedades Carminha animouse en solitario con “Carlangas” e agora vai por máis cun traballo no que se prioriza o baile pero tamén unha identidade galega que promete moito xunto con artistas que lle son pares a nivel xeracional e que se perfilan como protagonistas dunha escena local cada vez máis consolidada. “Desexo forte que algún de nós sexa quen de sacar un hitazo tan grande como para que as orquestras se fagan eco de o”, achega o mesmo Carlangas sobre o futuro inmediato de Ortiga, Grande Amore e el mesmo.
Co primeiro disco post Novedades Carminha apostaches pola procura dun son e un estilo propios, máis aló de que foses o autor de gran parte das cancións do grupo. Con este segundo disco, sentes afianzado xa o teu propio estilo?
Estou en búsqueda constante de cousas que me emocionen. Creo que este disco sona como sona o proxecto Carlangas en directo, con esa enerxía e ese empaque. Nace desa búsqueda, de profundizar na identidade e nos discos que nos emocionan. Si que é verdade que dende que acabei “Bailódromo vol. 1” o corpo me pide facer de novo un disco de rock.
O que está claro, e xa desde o nome do disco, é a túa aposta polo baile. Como vives esta elección?
De forma moi natural. Creo que representa moi ben como me sinto a nivel personal e como artista. Tamén reflexa moi ben as miñas influencias e os guiños á música popular. É un disco para bailar e cantar coa xente. Eso é o que me faria máis feliz si ocorrese.
Por que elixiches facer unha versión dun bolero clásico como é “Nosotros”? E, respecto do idioma galego, pertences a unha xeración que o ten naturalizado. Pero, que feed-back recolles do público dentro e fóra de Galicia?
“Bailódromo Vol. 1” ten unha narrativa, que é como unha noite de festa, baile e amistade con colegas. Nas discotecas sempre hai unha canción coa que se prenden as luces. Esta é “Nosoutros”, un clásico popularizado por Los Panchos que adaptei xunto a Russian Red. O feed back está sendo espectacular. Vimos de agotar as entradas na xira de salas en Andalucía e ainda nos quedan uns cantos concertos ata final de ano. Pinta marabilloso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
SELECCIÓN MUSICAL
La playlist de... Winter Blues Band
GRUPO MUSICAL
Blues Fait en Francia
LA PORTADA DE LA REVISTA
Laura Portas: Los secretos de Mondariz
Lo último
Manuel Herminio Iglesias
DENDE SEIXO-ALBO
O mundo ten alzheimer?
Luís Celeiro
TÍA MANUELA
Moitos non teñen avoa
Jenaro Castro
MORRIÑA.COM
Vai chover, carallo