A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
MODELO EDUCATIVO NO RURAL
O CEIP O Castiñeiro de Laza continúa acumulando recoñecementos ao modelo educativo que vén desenvolvendo nos últimos anos. O director do centro, Juan Luis “Juanlu” Rivero, e a docente Carolina Palomanes figuran entre os candidatos da décima edición dos Premios Educa Abanca al Mejor Docente de España, unha distinción que recoñece o labor do profesorado de Infantil e Primaria. Ademais, son os únicos representantes da provincia nominados.
A cualedresa Carolina Palomares, responsable da biblioteca escolar e de diferentes proxectos de innovación do centro, está nominada na categoría de Educación Infantil, mentres que o lazao Juanlu Rivero opta ao premio en Educación Primaria. O certame recibiu máis de 1.500 propostas de toda España e os docentes non poden presentar a súa propia candidatura, senón que deben ser nomeados polo alumnado ou polas súas familias, dependendo da etapa educativa. Os dez finalistas de cada categoría daranse a coñecer o 5 de outubro e os gañadores anunciaranse en xaneiro.
Para o equipo docente, a nominación constitúe un “recoñecemento colectivo” ao proxecto educativo d’O Castiñeiro, baseado na participación da comunidade, a inclusión e a apertura da escola ao seu contorno. A implicación das familias, as iniciativas de educación emocional, a radio escolar, os proxectos interxeracionais, a recuperación das tradicións locais ou a colaboración con asociacións e institucións fan do pequeno centro lazao un exemplo de innovación educativa dende o rural.
Esta nova distinción chega despois de anos nos que o colexio foi acumulando premios de ámbito galego e estatal. O pasado curso foi o único centro da provincia distinguido pola Consellería de Educación co III Premio ConVivimos, polo seu compromiso coa convivencia escolar e o benestar emocional. Aquel galardón sumouse ao obtido no Concurso de Podcasts e consolidou unha traxectoria de catro anos consecutivos recibindo recoñecementos polo seu modelo pedagóxico.
Rivero e Palomares subliñan que a nominación “transcende o ámbito persoal e pertence a toda a comunidade educativa”. Consideran que o feito de que sexan as propias familias as que impulsasen as súas candidaturas constitúe “o maior recoñecemento ao traballo desenvolvido polo centro e ao modelo de escola participativa que O Castiñeiro leva anos construíndo en Laza”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
A EDICIÓN MÁIS AMBICIOSA
A mocidade revive a tradición galega no Ponte Farruca
PATRIMONIO CULTURAL
Laza afondará na Morena, figura clave do seu Entroido, cunha charla monográfica
Lo último
OPERATIVO DE TRASLADO
Comienza el traslado de los migrantes de las playas de Ceuta al campamento del puerto
EVOLUCIÓN FAVORABLE
El incendio de Quiroga queda estabilizado tras quemar 420 hectáreas
LA REVISTA
La playlist de... The Speedways