EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
VISIBILIDADE LGTBI+
Laza volveu este sábado erixirse na capital galega da igualdade, da visibilidade LGTBI+ e da diversidade sexual e de xénero no rural cun festival que leva catro anos rompendo moldes dende o interior ourensán: a romaría Ponte Farruca.
Tras ter que adiar en agosto a súa edición máis ambiciosa polos lumes, este sábado volveron por fin á vila as batas, a tía Farruca, a música, os bailes e mil e unha actividades máis que son xa sinal de identidade dunha celebración que latexa coa forza dos seus organizadores, dos veciños da vila e dos asistentes de todo o país.
A xornada arrancou á mañá coa apertura da feira de artesanía e “Reverdecer”, unha actividade de repoboamento dos montes arredor de Laza cunha gran participación.
Despois as rúas de Laza enchéronse de troula e diversión coa tractorada engalanada e a sesión vermú, que culminaron con multitudinario xantar popular.
Á tarde foi o turno do obradoiro de cantos de taberna, da man do bailarín e coreógrafo Artur Puga. De seguido chegaron os xogos labregos, que deixaron algúns dos momentos máis divertidos da tarde, e os Farruca Deis, o particular “First Dates” rural, unha boa forma der romper o xeo e coñecer xente nova .
Finalmente, á noite chegaron os concertos de Unto Vello, Tanxugueiras en acústico, Alana e Señora DJ, que alongou o fin de festa ata altas horas da madrugada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
EMERGENCIAS Y RESCATE
El GES de Laza recibe un nuevo vehículo multiusos
ADQUISICIÓN DE VIVENDA
Laza terá un museo etnográfico dedicado ao Entroido e ao Santo Cristo
AVOGADA DAS DORES DE CABEZA
Cerdedelo, en Laza, dedica tres días de festa e culto á Virxe da Pena Tallada
Lo último
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
La noche en que la luna salió tarde
CONFUSIÓN E INCÓGNITAS
Los supervivientes del terremoto en Venezuela se preguntan "qué va a pasar ahora?"