FACILIDAD DE ACCESO
El PP celebra una jornada sobre vivienda en Maceda
Aumento na incidencia
Dano Cerebral Galicia, a Federación que reúne as cinco asociacións desta discapacidade que hai na comunidade autónoma, leva o 28 de marzo a Maceda unha charla que ten como obxectivo informar sobre as causas, describir as secuelas, sensibilizar sobre a prevención e achegar referencias sobre os recursos de atención ao dano cerebral adquirido dispoñibles na contorna da comarca. Esta actividade conta co financiamento da Consellería de Política Social e Igualdade grazas ás persoas que marcan ‘X Solidaria’ na súa declaración da renda.
Esta sesión informativa está organizada en colaboración co Concello de Maceda, e vai ter lugar ás 11,00 horas no salón de plenos do Concello. É unha actividade aberta a todo tipo de público, dunha duración estimada de hora e media. Aínda que a asistencia é de balde, é preciso inscribirse chamando ao Concello.
O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que teñen en Galicia máis de 35.000 persoas e que está causada na maioría dos casos por un ictus ou por un traumatismo cranioencefálico e que ten cada vez máis incidencia. Durante a sesión informativa achegaranse recomendacións para a prevención, así como nocións sobre como identificar un ictus.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
FACILIDAD DE ACCESO
El PP celebra una jornada sobre vivienda en Maceda
CONCENTRACIÓN CON 50 PERSONAS
Una veintena de coches clásicos se pasearon por Maceda
Lo último