O SABER NON OCUPA LUGAR
Estudantes dos Blancos e Monterrei, unidos pola ciencia
TRES MILLÓNS
O Concello de Monterrei aprobou este mércores nun pleno extraordinario o proxecto de orzamento municipal para 2026. As contas, que ascenden a 2.975.545,43 euros, unha cifra calcada á deste exercicio, foron aprobadas co voto favorable do PP, mentres que Veciños de Monterrei e o BNG votaron en contra.
A partida máis grande volver ser a de persoal, cun 44%, se ben este ano redúcese ao non incorporar o obradoiro de emprego que se prevé solicitar. O capítulo de investimentos duplícase ata o 20%, 600.000 euros centrados en mellorar os camiños municipais, o saneamento e o abastecemento, traballos de reconstrucción e prevención trala vaga de lumes, e en reverter a tendencia decrecente do colexio de Medeiros.
O alcalde, José Luis Suárez, salientou que o Concello continúa na “senda de crecemento”, definiu o orzamento como “continuista e realista”, e presumiu da xestión “directa e 100% pública” do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
No pleno tamén se aprobaron dúas modificacións de crédito, e os grupos amosaron unanimidade contra o peche do xulgado de violencia sobre a muller de Verín.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Evelio Traba
LOS LIBROS QUE LEO
Las verdades ocultas de una treintañera
subasta de lujo
Sale a subasta en París el primer bolso de piel de tiranosaurio
ENCUENTRO EN LA CAPITAL DEL TURIA
La Asociación de Licenciados y Doctores Españoles en Estados Unidos celebrará su congreso en Valencia