CANALIZACIÓN ELÉCTRICA
Reguero de grietas y derrumbes en Albarellos por unas filtraciones de agua
MODERNIZACIÓN DO SECTOR
As empresas do rural poderán optar ata o 19 de febreiro a unha nova convocatoria de subvencións da Consellería do Medio Rural para proxectos de investimento en actividades non agrícolas. Esta liña de achegas, dotada con 2,7 millóns e cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, permitirá aos beneficiarios financiar a adquisición de bens de equipo co fin de ampliar e modernizar o sector produtivo na contorna rural.
O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, puxo este luns en valor o impacto destas axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento durante a súa visita a Mecanizados Losada S.L. (Monterrei), unha das 12 empresas beneficiadas na provincia o ano pasado por esta liña de achegas, pola que obtivo 66.600 euros.
Pardo, que estivo acompañado polo alcalde, José Luis Suárez, e polo deputado Víctor Baladrón, explicou que estas accións xeran as condicións necesarias para crear e consolidar emprego, e favorecen tamén a fixación de poboación na contorna rural. “Deste xeito, contribúen ao desenvolvemento de actividades en ámbitos como a produción de bens e materiais, a transformación e comercialización de produtos agrarios ou a prestación de servizos”, engadiu.
A convocatoria de 2026 incrementa en 600.000 euros a partida do ano anterior, e diríxese novamente a pequenas empresas e persoas fisicas radicadas en zonas rurais.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CANALIZACIÓN ELÉCTRICA
Reguero de grietas y derrumbes en Albarellos por unas filtraciones de agua
MODERNIZACIÓN DO SECTOR
Pulo económico para o tecido empresarial e emprendedor no medio rural
RED DE CALOR MEDIANTE BIOMASA
China se fija en la comunidad energética de Infesta, la aldea modelo de Monterrei
Lo último
ATAQUES CONJUNTOS CON ISRAEL
Trump advierte que Irán recibirá hoy "un golpe muy duro" pese a anuncio de desescalada de Teherán
UN MILLÓN DE REPRODUCCIONES
El viral deseo de Delia, una abuela gallega de 91 años:" Antes de morir quiero fumar un porro"