POLÍTICA NO ADSCRITA
Sofía García mantendrá el acta de edil tras dejar el BNG en O Carballiño
PRÁCTICA ANCESTRAL
O centro sociocomunitario do Carballiño acolleu onte unha charla sobre a práctica ancestral de “levantar a paletilla”, á que acudiron máis de 100 persoas, atraídas pola temática.
Lidia Mariño Ventoso, antropóloga e fisioterapeuta, neta e bisneta de levantadores de paletilla, é autora do libro “Levantar a paletilla caída”.
Segundo Lidia, a paletilla, “aínda que é unha cartilaxe que está na boca do estómago, soia nomear un estado decaído ou de malestar que non sempre tiña que ver co esmagamento da cartilaxe mesma”.
A autora, comentaba como ela aprendeu da súa avoa certas técnicas a nivel articular, que son moi semellantes ó que estudou despois na carreira de fisioterapia. Segundo Lidia, “o primeiro que facía a miña avoa era medir á xente. Sentábaos no chan, coas pernas estiradas e cos pés xuntos e aliñados. Ela poñíase de pé tras a súas costas, agarrando as mans con cada unha das súas. Sacudía os brazos cun vaivén hipnótico ata deixalos frouxos e sen vida. Era entón cando pegaba un tirón forte cara arriba e comprobaba se os polgares quedaban a mesma altura”.
Continuaba dicindo Lidia que “despois viña a parte máis espiritual e simbólica na que se murmuraban unhas palabras segredas e uns rezos que, en caso de caída de paletilla grave, había que pronuncialos nunha iglesia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
POLÍTICA NO ADSCRITA
Sofía García mantendrá el acta de edil tras dejar el BNG en O Carballiño
PREVIA DE SEMANA SANTA
Galería | O Carballiño invita a vivir una Semana Santa especial
POESÍA E NATUREZA
A Insua dos Poetas, no Carballiño, recibe a primavera
URBANISMO LOCAL
La comarca de Carballiño perfila su estrategia cara al futuro
Lo último