Plans para que os maiores desfruten fóra de casa en San Amaro

MAIORES DE SAN AMARO

As catro Casas do Maior de San Amaro preparan a programación de actividades coas que afrontarán a recta final do verán tras o parón vacacional da segunda quincena de agosto

Usuarios das Casas do Maior de San Amaro festexando o día da Virxe das Neves de Grixoa.
Usuarios das Casas do Maior de San Amaro festexando o día da Virxe das Neves de Grixoa. | Alexia Cea

As catro Casas do Maior de San Amaro preparan a programación de actividades coas que afrontarán a recta final do verán tras o parón vacacional da segunda quincena de agosto. Os centros, con capacidade para dez usuarios cada un, retomarán en setembro un calendario de saídas centrado na convivencia e o benestar.

Entre as actividades previstas figura unha visita ao Balneario de Caldas de Partovia, para desfrutar dos beneficios das augas termais; unha excursión a Portugal, para visitar a Feira de Valença e degustar a gastronomía típica da zona; e, para rematar, asistirán á novena de Nosa Señora dos Milagros, desfrutarán da romaría e compartirán a comida.

Estas excursións reunirán a todos os usuarios das Casas do Maior de San Amaro

Estas excursións reunirán a todos os usuarios das Casas do Maior de San Amaro. Unha das responsables do servizo, Cristina Vázquez, destaca que moitas das persoas usuarias viven soas ou teñen dificultades para desprazarse, polo que estas propostas permítenlles saír de casa e desfrutar de experiencias ás que, doutro xeito, tal vez, non poderían acceder.

Contenido patrocinado

stats