Arteficial programará música, mercado e gastronomía Km 0 en Ribadavia
GASTRONOMÍA
O Festival Arteficial aposta pola programación musical alternativa e diferentes actividades para habitar e revalorizar o rural
O Festival Arteficial completa a súa proposta de concertos e actividades para a súa última edición, que se celebrará os días 6 e 7 de setembro no casco histórico de Ribadavia. A asociación Arteficial aposta por unha programación musical alternativa para a súa gran actividade, o Festival Arteficial. Ao longo de 18 edicións, confía na arte en diferentes formatos, como unha maneira de habitar e revalorizar o territorio rural desde unha perspectiva contemporánea pero sen perder de vista as tradicións.
Para este ano, a entidade conta coas bandas: Mbye Ebrima, Abril, Charnego, Mud, Rompecintural Selektor + Karaoke con Esteban, Paula RR, Isaac Pedrouzo, Auto Sacramental, Toldos Verdes y Airiños D’Annoia.
Tamén haberá o Mercado das Sementes, onde artistas e comerciantes galegos poderán amosar e vender as súas creacións; e unha zona gastronómica de Km 0 onde poder degustar pratos deliciosos coidando o medio ambiente; ademais de actividades para os máis pequenos.
Nesta edición, Arteficial establece unha colaboración co Festival Sin Sal Son Estrella Galicia a través do apoio do Museo Etnolóxico de Ribadavia, que achegará varias actividades á contorna, entre as que destaca a presentación dunha exposición do proxecto educativo A Escola Sinsal centrando na recuperación da memoria sonora do século XX.
A asociación destaca que Arteficial é un dos 26 proxectos seleccionados para participar do “X encontro cultura y ciudadanía”.
Arteficial será de entrada gratuita e en colaboración coa Cruz Vermella do Ribeiro recollerá alimentos ou produtos de hixiene para nenos como entrada simbólica e voluntaria ao recinto do festival. A actividade enmárcase nas accións de difusión do Carné Xove gracias ao apoio de Abanca e da Xunta de Galicia, contando amén co apoio do Concello de Ribadavia, a Deputación e Son Estrella Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
UNIÓNS AGRARIAS
Preocupación por los daños del jabalí en viñas de O Ribeiro
CONVOCAN NUEVAS MOVILIZACIONES
La posible fusión sigue agitando o Ribeiro: "Non van saír, pero penso que nos oíron"
Lo último
DEMOSTRACIONES DE COCINA Y CATAS
Diecinueve bodegas se preparan para la XIX Feira do Viño de Monterrei este fin de semana