ENTRADAS A 15 EUROS
Oímbra ensalza su “ouro verde” en la 29ª Feira do Pemento
UN POBO UNIDO E VIVO
Nun contexto de despoboamento no que a xente nova marcha do rural, o concello de Oímbra ten en Bousés a súa particular “aldea gala” que resiste fronte esta tendencia xeneralizada. Porque se algo quedou claro o pasado sábado é que Bousés presume dunha xuventude moi dinámica. A imaxe do forno comunal botando fume dende as 6,00 horas foi a mellor proba de que o relevo está garantido. Detrás desta fornada atópase a asociación cultural local, composta por dez mozos que non superan os 29 anos, e que levan o peso da dinamización do lugar.
O forno comunal levaba seis anos parado, pero para a xente nova era “fundamental” recuperalo. Fabián Valencia Gonçalves, presidente da asociación e capataz forestal de tan só 23 anos, explica que o obxectivo era “que a xente se reúna, xa que hai un ano quedamos sen bar”.
Grazas o traballo colectivo dos veciños, que ademais de levar dous tractores de leña puxeron en práctica a súa arte coa masa, o forno produciu todo tipo de empanadas, folares, pizzas e ata os biscoitos do postre. Para a parte técnica contaron cun mestre de excepción: Germán, panadeiro de Vilaza recentemente xubilado. “Pedímoslle axuda para a fornada e regalounos toda a masa”, di un agradecido Fabián, quen reside en Bousés todo o ano.
A xulgar pola asistencia, esta primeira fornada pode considerarse todo un éxito. “Ao final fomos 200 persoas”, sinala Fabián, das cales 180 eran veciños ou persoas vencelladas con Bousés, e dos que moitos quedaron a cear. Unha cifra redonda para unha parroquia na que durante o ano residen uns 100 veciños.
Ademais da paparota, que tivo lugar nunha ringleira de mesas no exterior, a rapazada pedira aos veciños que vestiran de época, se ben Fabián apunta que “non moitos se animaron, veremos para a próxima”. Tampouco faltou a música tradicional, da man de catro gaiteiros da comarca que amenizaron a xornada.
Aínda que a asociación cultural constituíuse legalmente hai un ano, os mozos levan 12 veráns organizando a Festa da Xuventude. Unha cita que se abriu a toda a veciñanza, na que sobresaen as camisolas de cores que crean cada ano, e que o pasado agosto non se puido celebrar por mor dos lumes.
Pero a ambición deste grupo de xente nova, dos que a metade viven na aldea, vai máis alá da festa. Entre os seus proxectos figura recuperar a reitoral, para o que xa están “en contacto co Bispado”, o estudo de lagares rupestres e instalar un cartaz histórico na praza en xullo, cunha ruta guiada polo historiador oimbrao Andrés Diz. Como di Fabián: “Imos facendo pouco a pouco, para darlle vida ao pobo”. E, vistos os resultados, o lume de Bousés está máis aceso ca nunca.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
ENTRADAS A 15 EUROS
Oímbra ensalza su “ouro verde” en la 29ª Feira do Pemento
TRES DÍAS DE CELEBRACIÓN
Oímbra xa conta os días para dar inicio ás festas na honra a Santa Ana
JUICIO EN OURENSE
Conducía sin puntos y el camión terminó en llamas en Ourense
Lo último
A PARTIR DE ESTE SÁBADO
Ya se pueden pedir las ayudas para que los hombres se reduzcan la jornada: hasta 3.700 euros