2025, o cine que virá

Publicado: 03 ene 2025 - 00:35

No 2023, a taquilla obtivo uns discretos resultados sobre todo grazas ao fenómeno “Barbenheimer”. O ano pasado houbo lixeiro ascenso de público con respecto ao anterior, e as cifras achegándose aos resultados prepandemia. Máis alá dos números que se prevén en ascenso, o 2025 será outro ano de grandes estreas, empezando con algún título que xa se atopa na carteleira ou que se estreará moi pronto. Parthenope a epopea napolitana de Paolo Sorrentino é un deles. Outro título con ADN italiano que atoparemos na carteleira nesta primeira semana de xaneiro será Queer de Luca Guadagnino. Despois do éxito de Rivales, o cineasta italiano adapta a novela homónima do escritor beat William Burroughs. Unha historia arredor do desexo homosexual que puido verse no último Festival de Venecia e que está protagonizada por Daniel Craig e Drew Starkey. Nestes mesmos días atoparemos na carteleira Las vidas de Sing Sing, dirixida por Greg Kwedar, un drama carcerario baseado en feitos reais.

No mes de febreiro estrearase Capitán América: Brave New World, o título de Marvel Studios e Walt Disney previsto para este ano. Dirixido por Julius Onah e protagonizado por Anthony Mackie, Harrison Ford e Liv Tyler, será a cuarta película da franquixia de Capitán América. O filme de Marvel prevé ser unha das películas máis taquilleiras desta nova tempada cinematográfica xunto coas película doutras sagas que terán secuelas ao longo do ano: Avatar 3, Jurarric World 4: El renacer, Mission Imposible 8 e Superman.

No mes de febreiro estrearanse dous dramas históricos. Vermiglio de Maura Delpero, un drama pacifista ambientado nun pobo remoto dos Alpes italianos na Segunda Guerra Mundial, e Aún estoy aquí de Walter Salles, un drama político baseado sobre as memorias de Marcelo Rubens Paiva.

Entre a primavera e o verán, os amantes deste xénero atoparán diferentes títulos

Neste 2025 tampouco faltarán os biopics. Entre a primavera e o verán, os amantes deste xénero atoparán diferentes títulos. María Callas de Pablo Larrain protagonizado por Angelina Jolie, contará a tumultuosa, bela e tráxica historia da vida da cantante de ópera máis importante do mundo, revivida e reimaxinada durante os seus últimos días en París. Saint-Exupéry do arxentino Pablo Agüero, aventurarase na vida do autor dun dos libros máis universalmente coñecidos, El Principito. Os amantes do biopic musical, non quedarán decepcionados coa estrea de A Complete Unknow de James Mangold. O filme, protagonizado por Timothée Chalamet, contará a historia do meteórico ascenso do músico de Minnesota Bob Dylan, desde os 19 anos ata os seus grandes éxitos dos anos sesenta. Mangold, xa director do notable biopic sobre Jonny Cash e June Carter - En la cuerda floja (2005) - promete regalarnos un retrato veraz e sedutor sobre un misterioso artista e a súa época.

Ao igual a mediados da primavera chegará ás salas de cine a Cámara de Oro á mellor ópera prima do festival de Cannes, La tutoría (Armand), do director noruego Halfdan Ullmann Tøndel. O filme vira arredor de dous nenos de seis anos, Armand e Jon, que comparten unha amizade inocente malinterpretada polos adultos que os rodean.

O director de Parásitos, Bong-Joon-ho, chegará as salas nesas mesmas datas co filme Mickey 17, unha libre adaptación do libro de ciencia ficción de Edward Ashton.

No mes de xuño está prevista a estrea de 28 años después, secuela do apocalispe zombie 28 días después, e que verá sempre o director Danny Boyle detrás da cámara mentres no guión estará acompañado polo premiado cineasta e guonista Alex Garland. Tamén no verán estrearase The Battle of Batakan Cross, a nova película escrita e dirixida por Paul Thomas Anderson. Aínda non sabemos cal será a trama da longametraxe, pero coñecemos algúns dos interpretes que a protagonizarán: Leonardo DiCaprio, Regina Hall, Sean Penn e Alana Haim.

No mes de setembro estrearase The Bride! a segunda longametraxe da actriz Maggie Gyllenhaal, que xa demostrou o seu talento como directora no debut do 2021, La hija oscura. The Bride! será un remake de La novia de Frankenstein, ambientado na Chicago dos anos 30 e protagonizado por Christian Bale, Jessie Buckley e Penélope Cruz. Outro remake, esta vez do filme coreano Save the Green Planet, e que poderemos ver en outono, será Bugonia, a nova longametraxe de Yorgos Lanthimos coa cal se consolida a colaboración do director grego coa actriz Emma Stone.

Os festivais de Berlín, Cannes, Sundance, Venecia e San Sebastián, marcarán a axenda doutras importantes estreas ao longo do ano, sobre todo españolas. Seguramente algún título premiado poderá sumarse a esta listaxe de estreas previstas para este 2025, seguramente un ano cargado de “buone visioni”.

Los cines abrieron el año con “Heretic” o “Better Man”

Los cines estrenaron cartelera desde el primer día del año y lo hicieron con la película de terror “Heretic” y el biopic sobre el cantante pop británico Robbie Williams. También llegó a los cines el miércoles la cinta romántica “Vivir el momento” y “Queer”, la película protagonizada por un transformado Daniel Graig.

El ganador de un Bafta y nominado a múltiples premios Emmy, Hugh Grant, interpreta en “Heretic” un papel completamente alejado de sus roles habituales, demostrando sus habilidades como actor dramático poniéndose en la piel de un peligroso e imprevisible psicópata bajo la dirección de Scott Beck y Bryan Woods. En la cinta dos jóvenes misioneras se ven obligadas a demostrar su fe cuando llaman a la puerta equivocada y son recibidas por el diabólico Sr. Reed. Los tres se verán envueltos en un brutal juego del gato y el ratón durante una larga noche de tormenta.

“Better Man” se basa en la historia real del ascenso meteórico, caída dramática e increíble resurgir de la superestrella de pop británica Robbie Williams, uno de los mejores showmans de la historia. Bajo la dirección de Michael Gracey la película se cuenta desde la perspectiva única de Robbie, reflejando su inimitable ingenio y su espíritu indomable.n

Contenido patrocinado

stats