Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Líbano, el daño colateral
Dicía antonte o noso grande conselleiro de Cultura Lingua e Xuventude, José López Campos -a quen, por certo, lle suxiro galeguizar o seu nome por iso do exemplo e da coherencia da prédica institucional, que tomaba a iniciativa para declarar o ano 2026 como Ano Otero Pedrayo. Magnífico. O ano coincidirá cos 50 anos do seu pasamento na mesma casa onde nacera, na nosa rúa da Paz, e os cen da publicación en Madrid, da súa Guía de Galicia, (468 páxinas, en castelán, por Espasa Calpe). E tamén fará cen anos da súa viaxe a pé a Compostela desde Ourense, na que, entre outros, participou o meu avó. E tamén, da publicación dunha mostra en galego do Ulysses de Joyce na revista Nós, nunhas das primeiras traducións a linguas peninsulares.
É unha boa iniciativa que cómpre aproveitar ben. E ten un certo paralelo coa instauración do Día das Letras Galegas. Alá por 1963 o primeiro ano dedicáronllelo a Rosalía, coa presenza nos actos principais da RAG de todas as autoridades, políticas, civís, militares e relixiosas. Ao ano seguinte, dedicáronllelo a Castelao e xa non podían dicir nada.
Así o ano 2025 foi o de Castelao e o 2026 será o de Otero. Perfecto. Ninguén se pode opor. O símbolo da Galicia no exilio, primeiro, e logo o símbolo da Galicia do interior. Unha iniciativa partiu duns, e outra, doutros. Como debe de ser. E agora, hai que revisar ben o relato do galeguismo, tamén sobre este home honesto, galeguista, liberal, conservador, fondamente cristián, para non insistir excesivamente en cuestións non especialmente centrais na súa vida.
E non se trata de traizoar, pero si de peneirar, pois hoxe hai un estándar. E debemos traducir a Otero ao castelán para o mundo hispano
E como Otero Pedrayo é un patrimonio común de todos nós, deben ser as institucións políticas que nos representan, as que marquen o camiño dunhas celebracións a que eles chaman. Ou sexa, debe ser festexado e entendido como algo de todos, como un personaxe que ante todo foi un intelectual polifacético, tradicionalista, humanista, orador, escritor en galego e castelán, ensaísta, colaborador de prensa, docente... E dunha forma moi secundaria participante en política. Soberanamente se aburriu no Parlamento constituínte da II República, segundo contaba. E como patrimonio común dos galegos -por iso se lle dedica o ano- a súa obra debe ser libre. Quero dicir, que os fondos documentais, especialmente o vizoso epistolario, pero tamén os documentos que lle interesen aos investigadores -como o testamento- que custodia a Fundación Penzol, debe estar todos on-line en Galiciana- Arquivo dixital de Galicia. E non pode ser a súa palabra monopolizada por ningunha editorial -ou sexa por Galaxia- porque doutro xeito estariamos simplemente organizando un ano en beneficio duns poucos. A política de difusión da súa obra, debe ser clara e responder a criterios que potencien a súa proxección no panorama cultural sensu lato e non só a intereses editoriais concretos. Un par de exemplos de cousas que se poderían facer para mellorar esta proxección: É precisa a revisión e actualización lingüística dos seus textos, pois as edicións críticas fieis aos orixinais son unha cousa e as obras de difusión para o grande público, outra, e debe estar en consonancia coas normas e usos do momento. Algo se leva feito, si. Pero non abonda. E non se trata de traizoar, pero si de peneirar, pois hoxe hai un estándar. E debemos traducir a Otero ao castelán para o mundo hispano. De Madrid a Buenos Aires. É un disparate que haxa tres traducións editadas de Arredor de si ao inglés por motivos que pouco teñen que ver coa súa difusión no mercados británico ou estadounidense, e que non a haxa ao castelán nin ao portugués.
En fin, lembro un día -cando eu era secretario da Fundación que leva o seu nome- que chamou de Canarías un director de teatro, porque querían saber da obra A Lagarada (1929), vangardista ela, pois falaban ata as pipas de viño. E non, non había versión cousa que ofrecerlle. En fin, parabéns aos oterianos e a traballar en cousas novas para non repetir sempre o mesmo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Líbano, el daño colateral
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
¡La novia!
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Un cartero en la mirilla
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Zapatero y las elecciones
Lo último