Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Rematamos a habitual semana anual arredor da xornada do 8-M, conmemorado onte, na que saen á luz un montón de informes, datos, estudos e análises sobre a igualdade -a desigualdade, máis ben- que abordan a situación dende distintas perspectivas e que veñen a certificar o moito que resta aínda para que ese obxectivo irrenunciable de acabar coas agresións, abusos e discriminacións contra as mulleres polo so mero feito de selo.
Partindo da base de que se trata dunha iniciativa imprescindible e constatando que se teñen producido avances e siguen rexistrándose. Basta botar a vista atrás para certificar que cada vez hai máis mulleres en postos tradicionalmente ocupados por homes e tamén máis homes asumindo traballos historicamente asignados a mulleres. Porén, a realidade obriga a admitir que a situación dista non xa de acadar o punto desexado - a igualdade real-, senon que nos situemos nun horizonte no que se albisque algo que se parezca á meta. Ben ao contrario, seguimos inmersos nunha atmósfera de chuvia aceda que estremece, un día sí e outro tamén, con traxedias que se levan por diante vidas, agresións que producen danos físicos e psíquicos e, sempre, pánico cerval a que un día as ameazas se convertan en triste realidade. O escenario aínda se pode agravar de xeito inmisericorde cando polo medio hai criaturas, testemuñas forzosas sometidas á condición de vítimas que o agresor somete a violencia vicaria como palanca para torturar e agrandar máis a ferida sobre as suas nais.
Basta botar a vista atrás para certificar que cada vez hai máis mulleres en postos tradicionalmente ocupados por homes e tamén máis homes asumindo traballos historicamente asignados a mulleres.
A evolución da realidade aporta bases sólidas para o escepticismo -pesimismo, incluso-, pois unha das mensaxes máis recurridas na batería de solucións é a de que a educación e formación en igualdade hai que iniciala na casa. Curiosamente, unha considerable porcentaxe de xente moi nova -entre a que hai mulleres- sitúa na normalidade as actitudes de control dos rapaces sobre parellas, noivas ou amigas. Se engadimos que entre os adultos tamén hai unha parte da poboación que ben mira para outro lado ou directamente nega o problema, temos servido un escenario complexo.
Curiosamente, unha considerable porcentaxe de xente moi nova -entre a que hai mulleres- sitúa na normalidade as actitudes de control dos rapaces sobre parellas, noivas ou amigas.
Obligatoriamente toca seguir traballando como se cada día fose 8-M, reclamando o maior esforzo das autoridades e traballando na concienciación de que as sociedades -o mundo- serán mellores canto menos discriminacións, de calquera tipo, existan. Ningún esforzo será baldío e se cadra faríaselle un favor á causa ensanchando a base da unidade de acción buscando alianzas, seguros como estamos de que queda marxe de mellora, pois nin todos os homes son machistas nin todas as mulleres son feministas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco