Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Era sagrado en Ourense, reunirnos moitos de nós no Parque de San Lázaro, na emblemática Cafetería “Alaska” onde, permitídime certa pedantería, xuntabámonos un bo sector da poboación ligada ao mundo do ensino e da cultura. Ben é certo que nesa estupenda “Sesión Vermú”, á mesma hora que agora eu estou saíndo pola ondas da Radio Galega e pola plataforma “AGalega.gal”. Tampouco é que quixeramos arranxar o mundo en vez de gozar da beberaxe cervexil, pagada a rondas, e das sempre escasas racións das que en Vigo se chamaron “patatillas”, o mesmo que os buses son “Vitrasas” como na capital das Burgas foron durante moito tempo “O Carrrito”.
Ben é certo que nesa estupenda “Sesión Vermú”, á mesma hora que agora eu estou saíndo pola ondas da Radio Galega e pola plataforma “AGalega.gal”
Pois alí iamos cada sábado a lucir o noso palmito cos xornais baixo o brazo, por suposto a nosa “La Región”, acompañada dalgún exemplar de tirada estatal. Pero toda isa lectura de momento era puro postureo e quedaba para ler na sobremesa da tranquilidade da casa.
Estouvos falando dos efervescentes anos 80, onde todo estaba por descubrir e debater, onde estabamos enganchados aos programas de Radio 3, comandados nas mañáns lectivas por Fernando Poblet, “O Bárbaro do Norte” e Manolo Ferreras cos seus “Tiempos Modernos”, programa que veu facer nunca ocasión a Ourense cunha cocorrencia de 5 persoas, incluído eu; en fin, o caso é que era onde nos descubrían grupos musicais daquelas emerxentes como “Hombres G”, con cancións que hoxe moitas delas serían políticamente
incorrectas, pero que entón parecíannos o summum da modernidade, como serían Radio Futura, La Unión, a imperecedeira Alaska, Mecano, Los Secretos e un mogollón deles máis, dos que fomos coleccionando os seus discos, como aquel E.P. de “Golpes Bajos” que foi o primeiro que merquei e atesouro como ouro en pano, coas cancións xoia de Teo Cardalda e do gran Germán Coppini. Xa daquelas eran “Malos Tempos para a Lírica”. Gran concerto o que lle gocei no emblemático Parque vigués de “Castrelos”, un dos lugares onde máis presta gozar dos concertos, foran “Os Resentidos” ou foran moitos anos máis tarde Luis Miguel, Gloria Gaynor, Zucchero ou Miguel Bosé. Pedazo de concerto deu Bosé que tiña unha débeda pendente con Vigo por non poder cantar no seu momento por unha folga de camións na fronteira italiana de onde el traía todo o material. Cantou e fixo bises ata que lle rachou a gorxa. Un profesional.
Eran os tempos de lemas como “Vigo Capital Lisboa” ou “Menos mal que nos queda Portugal”, de “Siniestro Total”, aínda que os portugueses do norte tiveran claro que a modernidade estaba neste lado da fronteira, salvo esa marabillosa arquitectura firmada polo gran Álvaro Siza.
Eran as épocas nas que moitos ourensáns colliamos o coche de improviso ás tantas da noite por aquelas carreteiras de noso señor, para ir viguesear un chisco e codearnos cos famosos da música, o teatro ou a incipiente TVG, con Morris, Reixa, Maquiña, Carlos Blanco, e un longo etc, nos templos da modernidade como o “Kremlin”, “O Manco”, “O Ruralex” ou o “Roy Black”, onde había sempre unha avanzada da moda que aquí chegaría de Londres un par de anos máis tarde. Aínda conservo aqueles zapatos “boogie” que lucín nos primeiros “Supermartes” marca da casa “Coppini”. Eran os tempos de lemas como “Vigo Capital Lisboa” ou “Menos mal que nos queda Portugal”, de “Siniestro Total”, aínda que os portugueses do norte tiveran claro que a modernidade estaba neste lado da fronteira, salvo esa marabillosa arquitectura firmada polo gran Álvaro Siza.
En calquera caso eran os tempos nos que se reivindicaba o lema “Madrid se escribe con “V” de Vigo”, pero tamén eran tempos nos que a cidade de Ourense se deixaba contaxiar dese espíritu tansgresor vigués que nos situaban a anos luz de Santiago, Ferrol, Lugo, Pontevedra ou a Coruña.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor