Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Segue a violencia no fútbol. E seguirá. Pero, coidadiño, non lle botemos só as culpas ós rusos, pois vin unhas imaxes na tele nas que eses radicais ían escoltados pola policía, mais ó chegar a certo lugar, zas, alí os estaban esperando os radicais bilbaínos. Conclusión: tal para cal. Remedio: se eu fora a UEFA suspendía automaticamente ós dous clubs de por vida. E que culpa terán os clubs? Toda. Polo menos para min.
Os clubs saben perfectamente dos seus ultras. É máis, xa se sabe e tamén se viu como xogadores do París Saint-Germain se citaban cos seus ultras para alborotar o cortello en clara referencia ó partido de volta dos oitavos de final da Liga de Campións contra o Real Madrid. Algún lector pensará que non se pode ser tan drásticos. Pero hai que lembrar unha vez máis que ó ser humano mentres non se lle meta man onde máis lle doe non é capaz de recuar. Temos o caso, por exemplo, da condución, que mentres non nos multan, non escarmentamos. Ós ultras radicais, se lles pomos partidos diante dos seus ollos van seguir facendo das súas. Algo semellante ó que acontece en Estados Unidos coas armas: que téndoas nas mans úsanas. Se non as tiveran... Se os seus equipos non xogaran... É a única acción que entenden. Así de simple e de sinxelo.
Tamén se poden buscar máis culpables. Tamén. Porque xa había días que se sabía o que acontecería coa chegada dos rusos. Por experiencia. Porque son como son. E sabéndoo, por que non lles paramos antes os pés? Porque os intereses son os intereses, e despois, se pasa algo, botamos as mans á cabeza e axiña as baixamos. É como cando se pide perdón. É tan fácil pedir perdón, que dis "perdón" e xa está. Neses campos de batalla pasa o mesmo: botas as mans á cabeza e con ese xesto xa está. Xa cumpriches coa denuncia, coa pena, co pesar. E ata a próxima. Por iso seguirán os feridos e os mortos, principalmente no fútbol. Porque é o deporte que máis energúmenos atrae.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinness que espera en Lugo
Lo último
Guerra en Ucrania
La OTAN reafirma su apoyo a Ucrania: "Queremos el fin de la guerra"
REUNIÓN EN WASHINGTON
Estados Unidos y Nueva Zelanda estrechan su colaboración en minerales estratégicos