Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
A forza do país está na Universidade, na formación, na investigación, na docencia e no reparto do coñecemento, como un dos importantes bens sociais, un dos motores principais para acadar a igualdade e a solidariedade entre os homes e as mulleres do mundo mundial. A riqueza dun país e das súas xentes está directamente proporcionada coa súa capacidade investigadora, coa innovación, coa aprendizaxe, co nivel de ensino, coa creación de talento e coa honestidade das xentes dos seus lugares e barrios.
O informe “La Universidad Española en Cifras (2017-2018)” di que nos territorios do Estado hai un número de universidades asimilable ao de outros países desenvolvidos e o rendemento académico, ao parecer, tampouco é peor que o da maioría dos vinte e dous países analizados no informe. En fin, andamos como os outros, nuns aspectos ben e noutros, regular ou mal. Referíndose ao conxunto, no Estado hai unha universidade pública ou privada por cada 15.500 estudantes universitarios potenciais (unha pública por cada 24.000). É moito ou pouco?
Aí están as tres universidades galegas na loita constante pola calidade, vencendo atrancos permanentes, superando tempos e tempestades, avanzando cada día e rendendo contas á sociedade á que se deben. Aí están pelexando contra a peste do localismo que invade as súas entrañas, apadriñado pola política das castas, da insensatez e o infortunio. Aí están superando a media, entre as mellores, nos cometidos encomendados e na xestión dos medios contados.
A propia Universidade debe procurar a excelencia e alertar, diagnosticar e prognosticar a dimensión da doenza do localismo, dese que impide o desenvolvemento normal e natural. O dos aeroportos, por poñer un só exemplo. A Universidade non pode estar suxeita ás especulacións e ás penurias económicas, e o poder debería situarse nesa mesma liña, proveéndoas de normas que lles permitan o desenvolvemento das súas funcións sociais.
Para acabar, permítanme lembrar que non é viable, nin recomendable, ter unha facultade na porta de cada casa. As galegas son suficientes, excelentes en docencia, en investigación e en xestión. Noraboa! Como di a Tía Manuela, “se fosen menos, tamén chegaban”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Luciendo palmito moreno en las mejores fiestas
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
No era para tanto esto del mar
CLAVE GALICIA
Abel a toda pantalla
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A mesquita de Guitiriz, unha curiosidade bélica recente
Lo último
PREVENCIÓN Y ACTUACIÓN
¿Qué hacer si te muerde una cucaracha? Riesgos para la salud, síntomas y cómo actuar
PLAGA DE INSECTOS
La cucaracha sí que puede caminar en Ourense: alerta por su expansión