Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tomás Moro
Porque os meus pasos andaban preto dos areais do Mediterráneo, non me foi posible estar -como quixera- no acto inaugural da exposición fotográfica de Carlos Velo, que tivo lugar hai unhas semanas e que aínda estará colgada das paredes do Centro Cultural Marcos Valcárcel ata practicamente o remate do mes de Santos.
Ora ben, que non estivera aquel día cos amigos da Fundación Carlos Velo, da que tamén eu formo parte, e cos moitos veciños que me dixeron que &baixaron& dende Cartelle, non quere dicir, nin moito menos, que non tivese inmensas gañas de vela.
Hai uns días chegoulle o momento e tiven sorte de ir a unha hora na que un ten a oportunidade de recrearse no gozo sen interferencias alleas -hai certo tipo de exposicións que deberían levar implícito algún xeito de control de acceso co fin de poder espremelas en soedade e en silencio- e iso foi o que me por fortuna me aconteceu, salvando unha curta conversa cun veciño de Cartelle -iso foi o que me dixo- que se amosou inmensamente orgulloso de que o seupobo e as súas xentes sinxelas acabasen sendo protagonistas nunha sala de arte, así como as emocións que dende a pequena distancia da sala tiven o pracer de testemuñar nas conversas apuradas dunha parella que, botando contas, debían seren nenos cando Carlos Velo se deixou ver por Cartelle coa súa cámara e que a cada foto que pasaban semellaba que ían vendo pasar, a xeito de conta atrás cronometrada, as súas vidas.
Todos -ou case todos- sabiamos da vida cinematográfica de Carlos Velo, dos seus inicios como documentalista en Madrid e mesmo en África, das súas exploracións antropolóxicas no celuloide cando aínda mozo tivo vagar de volver por Galicia e, sobre todo, da súa carreira na gran pantalla e no cinema universal da época, na que acabou sendo a súa terra de acollida en México. Sen embargo, poucos -a non ser Miguel Anxo Fernández e algúns máis- sabían da dimensión artística do Carlos Velo fotógrafo.
Medio século despois do seu paso por Cartelle, do inmenso fardel documental que ata o de agora custodiaba o propio Miguel Anxo Fernández e que co tempo pasará a formar parte do haber da Fundación que leva o nome do cineasta ourensán, emerxe ós ollos de todos outro Carlos Velo, é dicir, o Velo do &instante decisivo&, capaz de inmortalizar a sinxeleza dunha pose e elevala a arte ou mesmo de roubarlle a alma a unha mirada infantil transformándoa en maxia pura.
Fermosos son os retratos da veciñanza. Mais fermosos aínda, os que enmarcan a elegancia rural do pai e mesmo a aparente humildade da nai traballando a horta. Fermoso é o autorretrato final á sombra do parral da casa. Pero sobre todo, fermosa é, para min, a mirada dunha nena que se eleva, perdida, cara un infinito tan intemporal coma a propia colección, que a fai merecente de percorrer, a partir de aquí, outras moitas salas para que tódolos amantes da fotografía coñezan ó Carlos Velo fotógrafo, que nesta mostra semella estar mesmo por riba do Carlos Velo cineasta.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Tomás Moro
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Cuando ETA quiso secuestrar a Franqueira tenía tres zulos en Vigo
Manuel Orío
RECORTES
La catástrofe andaluza
Julián Pardinas Sanz
Por qué necesito transmitir mi Ourense
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Dos heridos tras una colisión en la AG-41 a su paso por Sanxenxo
CAYÓ POR UN BARRANCO
Detienen a Jonathan Andic, acusado de la muerte de su padre, el fundador de Mango