Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
A mecha imposible de apagar
Do pasado e do vivido, da experiencia e o apalpado queda o que queda, pouca cousa ou unha inmensidade, segundo se queira, segundo a percepción de cadaquén. Despois dos avatares e das vicisitudes da cada día, de cada mañá e da cada tarde, hai quen pensa que só queda a ilusión e a esperanza. Un amigo mariñán da Mariña luguesa, profesor nun centro educativo do centro de Barcelona, mostraba a súa confianza plena na literatura, na arte e na lectura, na música e na liberdade dos homes e mulleres que poboan o mundo, que traballan e fan grande a riqueza dos humildes e xenerosos.
Velaí está a valentía de moitos galegos que, traballando a reo no seu ou na súa profesión, dedican tempo e moito tempo, traballo e esforzo para que a cultura e a educación, xunto coa solidariedade, a igualdade e a xustiza sexan valores incuestionables da sociedade nosa. Valores e principios que enraícen e medren en cada casa e en cada esquina. A música ten aquí un valor extraordinario e, como di a Tía Manuela, é unha reforzada ferramenta para preservar a memoria. A memoria, outro dos grandes bens que lles queda a aqueles pobos e a aquelas xentes que pouco máis teñen.
Coa mesma idea, Jei Noguerol, amigo e amigo de moitos dos lectores, volveu resoar coa súa voz fonda, sacando do corazón palpitadas continuadas de dozura, cun magnífico traballo e dous temas, Qué noite a daquel verán e Port d'en Perris. Noraboa, profesor, mestre e cantautor noso! “As farolas mariñeiras do paseio Lluis Companys” seguirán alumeando indefinidamente para darlle visibilidade ás vivencias de Noguerol naquela Galicia da década dos setenta do século pasado.
E falando de música e de memoria, A Quenlla vén de sacar do abismo dez cantigas de Martín de Padrozelos. A literatura e a música foron, tamén aquí, ferramentas apropiadas para un traballo conveniente que puxo a andar, polos escenarios, ás composicións de quen, ao parecer, foi o primeiro trobador da lírica galega, cun traballo ben fermoso, “Trobador no Camiño, as cantigas de Martín de Padrozelos”. Son nove cantigas de amigo e unha de amor, musicadas e interpretadas nun xesto valente de revalorización do pasado. Grazas, amigos de A Quenlla, compañeiro Noguerol, amigos e amigas, saúde, traballo e sorte!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
REDUCCIÓN DE LA CARGA BUROCRÁTICA
La nueva Política Agraria Común trae ahorros de hasta 1.600 euros en papeleo
ENCUENTRO ANUAL DE SOCIOS
Compromiso Asturias celebra este lunes su XVII Encuentro Anual de Socios en Gijón