Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
Con cento ún anos, cansiña, caladiña, foise pra o seu fogar, como o lusco-fusco, amodiño. Era unha muller de aldea, desa aldea culta, peneirada de matices, que dá vida ao noso país.
De nena debruzábase na herba e vía brincar un saltón, ou andar unha formiga corre daquí corre dalí, ou zigzaguear unha xoaniña. Estaba convencida de que entendía a fala dos bichiños: “¿Pra ónde vas, xoaniña?”. “Vou buscar pan”. “¿E ti, saltón que tanto brincas?”. “Teño que mirar o mundo dende arriba”. “Ai, señora formiga, moito bule hoxe”. “É que teño que apañar o molime prá casa”.
Aquel mundo dondiño, abrazado de acougo, escachou logo unha e mil veces con rachaduras e dores que lle foron cicatrizando o pel. E cando semellaba que xa non podería sufrir máis, que todo se ía ir tapando de sombra, foi perdendo a memoria, a desta tarde e desta mañá, pero foi medrando a memoria da escola do Patulas e as cancións da República. E así, pouquiño e pouco, foi remanecendo aquela nena feliz, a das formigas e as xoaniñas na Eira de Abaixo, a da ventá pola que a miraba mamá Carmela, a da fonte de Ameneiro e o camiño de Texexe: “Hoxe teño que ir á escola” “¿E non haberá un biscoito pra min?”
Os médicos pensamos que os vellos van atrofiando o seu cerebre e así van perdendo a cabeciña e as máis egrexias capacidades. Non, estamos moi equivocados.
A cousa tén máis trascendencia. Deus deulle á miña naiciña a oportunidade de pechar a porta a anos de dor e escuridade, borrar día a día esa memoria e abrirlle a ventá pra que entrase outra vez a nenez feliz, a da luz máis nidia e alegre, pra poder así, no final dos seus anos, recuperar o sentido máis sinxelo e lúcido da vida. Preparoullle deste xeito o camiño de entrada á casa do Pai do ceo, que onte a estaba agardando pra lle dar un bico: “Eugenia, pasa. Benvida á túa casa, ao teu lar”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
SUBSTITUYE A ENRIQUE ÁLVAREZ
La Alcaldía de Vilamartín ya la ocupa Sherezade Núñez
CRUCE DE DECLARACIONES
Giorgia Meloni lanza un mensaje a Donald Trump: “Ni yo ni Italia suplicamos jamás”