Arturo Maneiro
Lucha intestina en el PSOE
DIARIOS DO PASADO
Cando era neno gustaba das novelas de mariños. As áxiles goletas, os rápidos e elegantes clippers que competían en velocidade no trasporte de mercadorías e pasaxeiros, os baleeiros que perseguían ao maior mamífero terrestre, ás veces ata a obsesión, tal lle ocorría ao capitán Ahab na incesante caza a Moby Dick. E como non, os galeóns que surcaban océanos en expedicións sempre sinónimo de aventura, transportando riquezas que despertaban a cobiza dos piratas. Quen non desfrutou dos relatos de Jack London, Herman Melville ou Emilio Salgari? Recordo con enorme cariño o libro “Paises y Mares”, de Joaquín Pla Cargol, que utilizabamos nas clases de lectura na Academia Bóveda, o meu primeiro centro educativo cando cheguei a Ourense. Era unha especie de diario dun pai e un fillo que percorrían o mundo en transatlántico. Nos relatos de mariñeiros, a miúdo as singraduras remataban en terras estrañas habitadas por feroces aborixes, que atacaban aos navegantes, igual que ocorría naquela escena de “20.000 legüas de viaje submarino” na que intentaban abordar o Nautilus con canoas.
Aplicado aos humanos, así define aos habitantes primixenios dun sitio, aos orixinarios do lugar
Foi acaso nesas lecturas onde por primeira vez que entrei en contacto coa palabra aborixe. Despois, lendo estudos antropolóxicos, accedín ao seu sentido etimolóxico e cultural. Procedía do latín “ab origine”, o que está nun territorio dende a orixe, dende os principios. Aplicado aos humanos, así define aos habitantes primixenios dun sitio, aos orixinarios do lugar. O concepto é semellante ao de indíxena, tamén procedente do latín “inde” -de alí- e “gena” -orixinario ou nativo- ou incluso, como poden vostedes deducir, o do propio nativo. Vexan que aborixe non necesariamente significa salvaxe, como algúns interpretan.
Un ourensán de adopción coma min -sempre que vostedes teñan a ben acollerme- é consciente no día a día das familias que poden remontar varias xeracións aquí. No noso caso só catro dende que o meu pai acabou destinado na cidade das Burgas, hai case sesenta anos. Os “ourensáns de sempre” son unha inmensa maioría, ou polo menos iso pensaba eu cando aquí nos establecemos. Non teño dúbida de que todas as liñaxes son notorias, aínda que algunhas destacan pola súa proxección social en diferentes ámbitos. No mundo da cultura, así en xenérico, pronto souben de figuras ourensás de renome. A través do maxisterio de Xaquín Lourenzo tiven a afortunada oportunidade de coñecer a obra do arqueólogo e prehistoriador Florentino Cuevillas -López-Alonso Cuevillas, para máis precisión- nacido e finado en Ourense en, respectivamente, 1886 e 1958.
Non esquezamos o apelido francés Monxardín, solidamente unido ao universo cultural ourensán dende varias xeracións
Luis Alonso Mayor, autor de “El brigadier Don Ignacio Alonso de Cuevillas en el entorno político, social y militar de la época”, sobre o militar antepasado do arqueólogo, cita as palabras que, despois da guerra da Independencia, utilizou o rei Fernando VII para dirixirse a el, un xeneral do s. XIX, “...un valiente guerrero llamado Cuevillas y, por lo tanto, es mi voluntad que desde ahora en adelante tú y tus sucesores uséis lo que fue mote como verdadero apellido. Y así sucedió en efecto, pues Ignacio Alonso Zapatero Cuevillas, fue en lo sucesivo, y ya con real confirmación en sus documentos oficiales, Ignacio Alonso de Cuevillas Zapatero; y Cuevillas usaron todos sus hijos y descendientes”. O alcume Cuevillas viña, polo visto, do amor do militar polo lugar de Cueva de Agreda, un concello de Soria, aínda que nacera en Cervera del Río Alhama, na Rioja Baja. Outro destacado ourensán foi Vicente Risco -Vicente Martínez Risco y Agüero-, fillo de Antonio Martínez-Risco, un avogado cuxa familia procedía de Almansa, Albacete. Chegan a Castro Caldelas como administradores do ducado de Alba, herdeiro do condado de Lemos. Non esquezamos o apelido francés Monxardín, solidamente unido ao universo cultural ourensán dende varias xeracións. Os ámbitos da industria, comercio e administración tamén achegan apelidos foráneos. Aí están, entre moitos outros, Malingre, Rumbao, Aguirre, Jones, Weber, Eiré, Tabarés, Hentschel, Carregado, Arcarza, Müller, Ellacuriaga ou Zarauza por citar algúns ben sonoros que foi asimilando a cidade, e coa consciencia de que a falta de espazo obriga a deixar moitos outros no tinteiro. Aborixes oo foráneos todos son sociedade ourensá. Noten que a quen agora len apelídase Eguileta, pai doutros dous ourensáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Gracias por tanto doctor
DE CAMBADOS A OURENSE
Condenado por dirigir una red de droga local pero absuelto del alijo de Perú
POSIBLE CONTAMINACIÓN
Axentes ambientais recolleron mostras do vertido na lagoa de Antela, en Sarreaus