BRÚJULA DIGITAL
El conocimiento de toda una vida también puede vivir en internet
RECUNCHO HEBDOMADARIO
O17 de xaneiro de 1966 (fixo o venres 60 anos), o ceo tranquilo de Palomares, unha localidade agrícola de Cuevas del Almanzora (Almería), converteuse en escenario dun dos episodios máis graves da Guerra Fría en territorio español. Un bombardeiro ianqui B-52, cargado con catro bombas termonucleares, chocou en pleno voo cun avión cisterna durante unha manobra de recarga. O accidente provocou a caída das bombas sobre terra e mar, desatando unha crise que marcou durante décadas á poboación local e á política exterior española.
Dúas das bombas caeron en terra firma e, aínda que non chegaron a detonar, si liberaron material radioactivo ó romper os seus compoñentes convencionais. O plutonio espallouse sobre campos de cultivo e zonas habitadas, contaminando solos e colleitas. Unha terceira bomba caeu intacta preto da localidade, mentres que a cuarta perdeuse no Mediterráneo. Realizouse unha intensa busca naval que mantivo en vilo á opinión pública internacional durante semanas.
Estados Unidos despregou máis dun millar de militares e técnicos para conter a contaminación e recuperar o artefacto perdido, que finalmente se localizou a máis de 800 metros de profundidade.
A resposta foi rápida pero opaca. Estados Unidos despregou máis dun millar de militares e técnicos para conter a contaminación e recuperar o artefacto perdido, que finalmente se localizou a máis de 800 metros de profundidade. Parte da terra contaminada enviouse a Estados Unidos, mais a limpeza realizouse con criterios hoxe considerados insuficientes. O réxime franquista, aliado estratéxico dos ianquis, minimizou o alcance do suceso para evitar tensións diplomáticas e alarma social.
Un dos xestos máis recordados foi o baño público do ministro de Información e Turismo, o noso Manoliño Fraga, xunto ó embaixador americano, para escenificar unha suposta normalidade. Porén, tras a imaxe propagandística agochaba unha realidade máis complexa: controis médicos limitados, información fragmentaria e un silencio institucional que mantivo ós veciños coa mosca na orella.
As repercusións foron múltiples e duradeiras. Na cuestión ambiental, zonas de Palomares permaneceron contaminadas durante décadas, con restricións de uso e vixilancia radiolóxica constante. No ámbito sanitario, os habitantes reclamaron durante anos estudos epidemiolóxicos exhaustivos e recoñecemento de posibles efectos na saúde. Politicamente, o accidente evidenciou a dependencia estratéxica de España respecto a Estados Unidos e abriu un debate, entón soterrado, sobre a presenza militar estranxeira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
27 de junio
Son “planetas superesponjosos”
Descubren dos planetas gigantes tan ligeros que tienen menos densidad que el algodón de azúcar
FESTIVAL DE MUSICA
“Santa Cristina in musica” regresa en su quinta edición a Ribas de Sil