Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Aínda que faltan algúns temas por pechar, o principio de acordo entre os Estados Unidos (USA) e a Unión Europea (UE) sobre os aranceis escenificado por Donald Trump e Ursula von der Leyen, foi considerado por ambos como definitivo e positivo. Chama a atención que a Presidenta da Comisión Europea destacase que ás cesións eran a única saída pra rematar coa incerteza que tanto afectaba ás empresas europeas, e ademais aceptase facer a rolda de prensa no recinto dun campo de golf, en Escocia, do que é dono Trump, aumentando o protagonismo de USA, e restándolle valor á UE.
Na presentación Trump estaba distendido e mesmo destacou as virtudes negociadoras da UE, deixando en evidencia que os considera uns resultados óptimos pra Washington. E así o reflicte información dada nesta rolda de prensa. Concretamente: 15% de aranceis como norma xeral pra os produtos da UE exportados a USA, e un 0% cando se trata de importacións; 750.000 millóns de dólares comprometidos pra merca de gas e outros produtos enerxéticos de USA, a razón de 250.000 millóns por ano; investimentos da UE en sectores estratéxicos dos USA por valor de 600.000 millóns; aumentar a adquisición de armamento producido en USA. Lembremos que hai un compromiso dos países da OTAN de gastar un 5% do PIB no ámbito militar (persoal, armamento, loxística...). As cantidades semellan moi altas, polo que moitos/as analistas consideran que estes acordos serán moi difíciles de cumprir por parte da UE, máxime cando moitas actividades dependen do sector privado.
Non é precisamente un acordo entre iguais, máxime cando se valora que en materia de servizos a balanza é moi favorábel a USA, aínda que deste aspecto pouco se fala. Xa o veremos até onde chegan as concesións no documento completo.
Ademais destes aspectos, nos que a UE aparece asumindo custes extras en beneficio de Estados Unidos, sábese xa que o aceiro e aluminio seguiran a pagar un arancel máis alto pra a sua entrada nos USA, do 50%, e que tamén serán elevadas as taxas no caso dos produtos farmacéuticos... Como dato “positivo”, rebaixaranse os aranceis pra entrada na UE desde USA de vehículos, langosta e outros peixes, queixos e lácteos, froitos secos, comida pra mascotas...
Non é precisamente un acordo entre iguais, máxime cando se valora que en materia de servizos a balanza é moi favorábel a USA, aínda que deste aspecto pouco se fala. Xa o veremos até onde chegan as concesións no documento completo. O que se coñece dos acordos respecto ao comercio entre ambos territorios: pecha o mercado dos Estados Unidos abre o da Unión Europea. A escusa de Trump é que a UE beneficiase das actuais regras de xogo, polas que obtén un saldo positivo de 236.000 millóns ano ano polo comercio de bens. Agora ven esta cifra redúcese a 50.000 mil millóns cando se contabilizan os servizos.
Non se pode obviar que, cando se trata este tema, os argumentos de Trump respecto do papel da Unión Europea nas relacións con Estados Unidos é unha mala escusa, xa que, como mínimo desde a 2ª Guerra Mundial, a relación da primeira foi de subordinación e esta situación agudizouse coa globalización neoliberal, coa caída da URSS e a imposición dun mundo unipolar. E, en todo caso, sendo verdade que había determinadas potencias da UE que historicamente reproducían estas relacións de dependencia (nunha especie de subimperialismo) nas colonias, semicolonias, e neocolonias. Agora ben isto non xustifica a imposición de aranceis desproporcionados e obrigar investimentos en “sectores estratéxicos” en USA, que son hoxe máis que necesarios na UE.
Con estes acordos, nesta conxuntura, as condicións comerciais e de investimento de capital benefician aínda máis aos Estados Unidos fronte aos países da UE, co que implica a nivel político, militar, na cadea de valor... É verdade que se pode poñer na balanza o gasto militar, as bases dos Estados Unidos, mais isto non o fai por “bo samaritano” senón por manter o poder, a imposición, como se amosa con este acordo sobre aranceis.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
Una victoria para terminar el año del Arenteiro
EL MACHISMO NO CESA
La violencia de género no da tregua: 2,4 denuncias al día en Ourense
UNA VIDA DE COLECCIÓN (VIII)
Cuando lo importante es tirar y bailar bien