Román Pedreira Jordedo
DIARIO LEGAL
¿Puede un copropietario al 50 % solicitar el desahucio por impago pese a la oposición del otro?
Co teu adeus “O abrazo”. Despídote coa túa obra sublime na que o corpiño pequeno do neno se ergue para ser grande e o corpo do home forte se inclina para amparalo. Esas mans enormes, formando unha barca de entrega e esas pequerrechas buscando o rostro do ser querido... Pestenexan as cores ó redor, na festa dos pensamentos e emocións, e ante unha choiva de vermellos, azuis, de violetas e ocres, as liñas e os redondeis de trazo infantil aposan sobre un chan amarelo. O esplendor adorna ó amor. Apenas nun trazo percibimos o ardor desta aperta silenciosa. Esa bágoa presentida... ese afecto máis Alá das idades, o neno, o home, o vello. Nós. Ti. Todos.
Hoxe volta otro artista ó alén. Outro trazador de curvas e cores máxicas que xogará connosco entre nubes. Que carismático eras, Antón Pulido! Que voz de tenor te acompañaba! Que capacidade de transmitir o coro invisible que invadía os teus cadros maxistrais! No teu “abrazo” volverei saborear a sutil sensibilidade que te definía. Tan forte como doce, tan grande como neno, tan amplo, tan firme e rotundo como nobre. Tan amigo dos amigos. De educación exquisita e extensa cultura. Don da palabra e da luz. Grazas por todo o teu apoio á Xente do Redor e por as portadas de luxo que embelecen a nosa revista cultural. Grazas por ensalzar o Himno às Letras Galegas que tanto che gustaba cantar. Grazas por tanto talento, mestre. Non poderemos sustituirte xamáis. Bicos ó ceo por ti, noso querido, admirado e brillante artista. DEP.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ORGANIZA LAS ASIGNATURAS
El rués Isaac García Novoa crea una app para saber con qué nota aprobar
CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE
J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren
SEGUNDA FEDERACIÓN
Buen punto del Ourense CF ante el Bergantiños (1-1)
PRESUPUESTO DE 400.000 EUROS
A Veiga mejora los servicios destinados a emprendedores