Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
La elección de nuevo Líder Supremo tensiona más la guerra de Irán
Chegamos ao remate do ano co anuncio da presentación dunha moción de censura no concello de O Irixo, presentada por populares e socialistas, que dará a alcaldía a Rosa María Dalama, concelleira do PSdeG, e ata o de agora -polo menos formalmente- viña formando parte do equipo da rexidora censurada, como concelleira de medio rural, medio ambiente, limpeza e alumeado público, grazas a outra moción de censura de Xuntos por Irixo e socialistas para derrubar a Manuel Cerdeira dous meses despois das elección de 2023. A concordia desa coalición durou o que dura un xeado ao sol do verán. Dimitido Ilago Fariñas, portavoz municipal socialista ata novembro último, que na sua despedida cargou con dureza contra a aínda alcaldesa, pasando a portavocía a propia Dalama, número dous da candidatura.
A Executiva dos socialistas ourensáns reaccionou con dureza fronte á operación política en marcha despois de admitir que non tiña nin idea da mesma, para desautorizala e amenazar con medidas disciplinarias ás suas duas concelleiras, nun ton que noutro tempo casaría cunha condena a galeras.
Non se sabe que é peor, que en realidade os mandamais do PSdeG non soubesen nada -cousa verosímil, aínda que soe ridículo- ou que o souberan e que todo sexa un paripé para non cargar co baldón de pactar co PP.
Polo coñecido, a situación política do concello -que en quince días irá con tres alcaldes en ano e medio e cinco dende 2019- non merece a mínima reflexión do secretario provincial do PSdeG, Rodríguez Villarino -tan absorbido polo ímprobo labor no Senado- e o seu equipo. Tampouco o esmorecemento progresivo de O Irixo no último século, no que perdeu o 80 por cento da poboación que invitaría a movilización de todos os activos para reverter a situación en lugar de manter ós representantes políticos afanados a administrar a decadencia.
Nada novo, por outra parte. A Luis Milia, alcalde de Carballeda de Avia dende 2001, botárono fóra do partido daquela -con 20 anos de militancia- por promover unha moción de censura contra o alcalde da época Ernesto Martínez. Foille ben no exilio socialista e tempo despois pedíronlle que volvera. Susana Vázquez, cabeza de lista do PSdeG en Porqueira en 2003 e única concelleira do seu grupo, foi alcaldesa con todos os votos do PP. Non deu lugar a que a acolleran, pois antes acomodouse para sempre nos populares, que con estas cousas non xogan. Así que, non tema a señora Dalama, que si lle vai ben, petarán á sua porta, para recibila con honores.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último