Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Campaña sin techo
O AFIADOR
Ourense, a nosa segunda casa para quenes residimos dentro do seu termo municipal, degrádase a cada paso. O coidado e mantemento dos espazos públicos non figura entre as preocupacións dos seus gobernantes, aínda que vista a experiencia dalgunhas intervencións, case é menos dañino deixar as cousas como están. Os aparcadoiros públicos e privados do centro viven ao borde do colapso nas horas punta. Atascos e aglomeracións que incrementan os problemas habituais nas principales vías de comunicación urbanas, así como o desfase horario dos buses. En ruas como Doctor Fleming, Avenida de Zamora, de Buenos Aires, entre outras, hai tantos coches en doble fila, nas zonas de carga e descarga e nas paradas de autobús, que para ubicalos correctamente precisaríase un imposible carril suplementario.
Parece que as administracións fosen sordas e cegas. No primeiro tramo da rua Seixalbo, xa apartada do centro, a altura dun coñecido establecemento comercial, no que a invasión de coches na beirarrúa a carón do mesmo por clientes vagos e incívicos (dispón de duas plantas con amplo e cómodo aparcamento, aínda que sin sinal de vado despois de duas décadas funcionando) supón un altísimo risco para os miles de peóns que conflúen nese trazado: paseantes, peregrinos da Vía da Plata, veciños das urbanizacións da contorna, usuarios da parada do bus urbano e propios clientes do supermercado. Eso obriga aos peóns a baixar á calzada arriscando a sua integridade, que se multiplica para persoas con mobilidade reducida ou nais e pais con sillas de bebé, que se converten en carne de canón moi a seu pesar, nun punto sobre o que pesan xa dous mortos. Resulta milagroso que en tal contexto non teña habido máis traxedias, pero os milagros non son un seguro permanente.
Este tramo é responsabilidade da Xunta. A conselleira do ramo visitouno en varias ocasións para anunciar, presentar, revisar e inaugurar a beirarrúa convertida nunha senda peonil manifestamente mellorable. (Houbo no lugar unha efémera marquesina tumbada -e nunca reposta- por un camión dos que descargan mercaduría para o devandito establecemento). Agora os usuarios do bus agardan ó raso a baixo cero no duro inverno e a máis de 45 graos ao sol deste verán inclemente. Tan difícil sería resolvelo? Con motivo da Volta Ciclista a España femenina quitáronse e puxéronse unhos pivotes no centro da calzada nun abrir e pechar de ollos, mentras no mesmo lugar non hai nin sinais de prohibición de aparcamento, polo que non actúan contra os infractores nin a Policía Local nin a grúa. E se non bastase, a 30 metros aparcan cada día trailers que interrumpen un sentido da marcha -habendo sitio para facelo ben-, cargados de coches para ao concesionario alí ubicado.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Campaña sin techo
Manuel Orío
RECORTES
¿De qué lado estás?
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Derecho al retiro
La Región
Envases
Lo último
ANUNCIO DE ALQUILER
Los minipisos llegan a Ourense: baño y cama en 10 metros cuadrados por 240 euros
152 DESALOJOS EN 2025
Los desahucios en Ourense, en máximos desde la pandemia: uno cada dos días y medio
SEGUNDA FEDERACIÓN
Iván Muñoz, defensa del Ourense CF: “Cada semana vamos a ir a más”