Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
¡Buone visioni!
Nos últimos anos, hai bastante películas que están intentando de retratar o mundo adolescente na complicada tarefa de reducir a incomunicación entre este mundo e os adultos. Molly Manning con How to have sex (2023) fixoo desde un punto de vista hiperrealista, Andrea Arnold con Bird (2024) a través do ‘cine de poesía’, a serie Euphoria cunha mirada provocadora, Bendita adolescencia (2019) de Jason Orley así como a serie de ficción Sex Education ou a animación Big Mouth, desde un punto de vista da comedia.
A serie explica o glosario da linguaxe “incel”, como a “regra do 80-20” ou o que esconden uns emoticons de cores aparentemente inofensivos. A serie detalla unha realidade complexa onde o uso e a influencia das redes sociais nos adolescentes nunha época onde a violencia está máis que normalizada, parece un cocktail explosivo.
Os 4 capítulos de Adolescencia, dirixidos por Philip Barantini, imaxinan o que podería pasar nunha familia de clase media ao saber que o seu fillo, de apenas 13 anos, é acusado de asasinar a unha compañeira de clase. Despois do primeiro capítulo que narra o arresto do rapaz e a chegada á comisaría, imos adentrándonos e coñecendo máis o entorno del, as súa familia, e os seus pensamentos. A serie non é unha drama policial tradicional, a investigación é un pretexto para fondar sobre temas como os vínculos familiares, o uso das redes sociais, a educación, a violencia xuvenil, o acoso escolar e a xestión das emocións nos adolescentes. Ao igual Adolescencia toca o tema dos “incels” ou “célibes involuntarios”, unha comunidade en liña formada por homes novos frustrados pola falta de relacións sexuais. A serie explica o glosario da linguaxe “incel”, como a “regra do 80-20” ou o que esconden uns emoticons de cores aparentemente inofensivos. A serie detalla unha realidade complexa onde o uso e a influencia das redes sociais nos adolescentes nunha época onde a violencia está máis que normalizada, parece un cocktail explosivo.
Cada episodio está gravado nun único plano secuencia – fixéronse como máximo 10 tomas por cada capítulo - e fonda desde diferentes puntos de vista as circunstancias e as consecuencias dun asasinato que ninguén sabe realmente motivar. As preguntas que move son desgarradoras e as posibles respostas quedan aos espectadores. É unha serie que, ademáis de relatar todo en tempo real, resulta ser autenticamente dolorosa grazas a unhas interpretacións moi veraces. No segundo capítulo, o uso do plano secuencia moi pegado aos persoaxes dentro do instituto – algo que fixo con maestría Gus Van Sant en Elephant, outra gran película sobre a adolescecia – consegue transmitirnos unha sensación de verdadeira clausfrofobia. Pero quizais o capítulo máis contundente sexa o terceiro: o encontro da psicóloga (Erin Doherty) con Jamie. A interpretación dos dous é superlativa. Nos, xunto con ela, asistimos aos altibaixos, as reaccións dun neno de 13 anos apaentemente inxenuo – en boa parte o é – amable e inofensivo, que en realidade chegou a matar a unha compañeira. Adolescencia é unha miniserie de obrigada visión, unha obra crúa, dramática e moi actual. Está gravada en Inglaterra, pero moitos das reflexións que move poderían extenderse perfectamente a outra realidades máis próximas. Pon diante de todos nós, unhas problemáticas sobre as futuras xeracións que o mundo adulto terá que afrontar antes ou despois.
Este fin de semana llega a los cines una variada cartelera con estrenos destacados. “Sorda”, dirigida por Eva Libertad y protagonizada por Miriam Garlo, narra la historia de una mujer sorda que enfrenta los retos de la maternidad. “A Minecraft Movie”, la primera adaptación con actores reales del videojuego más vendido de la historia, cuenta con Jason Momoa y Jack Black en su reparto. La historia sigue a cuatro inadaptados que deben aprender a confiar en sus habilidades para sobrevivir.
El cine de aventuras llega con “Guillermo Tell”, basada en la legendaria historia medieval, protagonizada por Claes Bang y dirigida por Nick Hamm. También se estrena el thriller español “La huella del mal”, con Blanca Suárez y Daniel Grao, sobre un espeluznante crimen ritual en Atapuerca. En “Peter Pan, pesadilla en Nunca Jamás”, Wendy deberá enfrentarse a un perturbador Peter Pan en un oscuro relato de horror.
“Vida en pausa”, de Alexandros Avranas, explora el Síndrome de Resignación Infantil, una condición médica aún inexplicable. Finalmente, “Un pájaro azul”, aborda la crisis de pareja cuando un hombre descubre que su compañera de trabajo espera un hijo suyo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Jueves, 26 de marzo
BALONCESTO FEMENINO
El primer brindis de Suso Garrido por el Ensino