Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Los "compapeles"
TÍA MANUELA
Este, o tempo deste tempo é moi raro. Non entenden os expertos nin os paisanos que o miran, ao retirar a gorra de diante dos ollos. É unha aproximación ao inverno, sen ser inverno aínda, é un tempo de outono, que avanza galopante cara as escuras. Alí, ás escuras, verémonos todos iguais. Alí, falaremos e escoitaremos os falares dos outros, como se fosen os nosos falares, os pensamentos profundos arrancados do fondo da alma. Aínda que ben sabemos que non son todas as almas iguais. Situarémonos, no hipotético parladoiro, do lado da alma e do falar dos humildes.
Tamén ten a súa beleza, a harmonía das miradas, a dozura dos silencios e do tempo que vai pasando paseniño, andando e mirando
Este tempo é o peor dos tempos para os desgraciados apañadores de castañas. Desfán os dedos e as mans ao apañar os ourizos coas súas espiñas; desfán o corpo, ao recorrer os soutos, outeando as reviravoltas do tempo e volvendo para a casa cun saco pequeno de castañas. Son para asar, cando haxa tempo, ou para cocer, cando se poida.
Estamos no tempo dos días pequenos. Todo é noite, frío e néboa rasa, coa súa brétema calando os ósos da xente e dos lobos. Si, dos lobos e dos xabaríns, que campan ás súas anchas polas leiras de millo, de patacas ou do que sexa. Andan polas carreteras, polos campus universitarios, polas beirarrúas das rúas das cidades onde viven os señoritos, por diante e por detrás de tódalas casa, por onde nós andamos e moramos.
Din os que saben que este tempo abrázase a tres características importantes e dignas de atender. Descenden as temperaturas paulatinamente, ata baixar de cero, acórtanse as horas de sol, ata que todo pareza noite, e as follas da árbores caen e seguen caendo, ata que o chan teña unha capa considerable de alfombra vexetal, con arrecendo a normal.
Detrás, virá o inverno e será de noite seguido. Será tempo de matanzas, de roxóns, de miradas e de callos con garavanzos, en prato fondo. Será o que sexa, xa se verá! Vostede, acórdase da matanza dos porcos cebados? Coidábanse ao longo do ano e, cando pasaban as castañas de outono, levábanse á corte, para seguilos coidando.
Tamén ten a súa beleza, a harmonía das miradas, a dozura dos silencios e do tempo que vai pasando paseniño, andando e mirando. Andando o tempo, á vez que todo cambia. Aínda que como di a Tía Manuela, “todo cambia, para non cambiar nada, e aquí seguimos igual, exactamente igual, agardando, como sempre”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: Los "compapeles"
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Bambi encañonado
Manuel Orío
RECORTES
La gente de a pie
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Ataque a "La Piedad"
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que el PP dice que no y Jácome dice que sí?
reunión inesperada
El Papa y Bad Bunny, ¿juntos en Madrid?
DE UNA CADENA HOLANDESA
El Supremo confirma que El Rosco de Pasapalabra es una obra protegida: debe cesar su emisión