Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCRÍBLES
A la inteligencia artificial se le ve el plumero
Celia e Antón son parella dende hai anos, teñen fillos mozos, traballos normais e salarios pequenos, como a maioría dos salarios da xente traballadora. Ambos os dous están contentos de pasar as súas vacacións na casa, na súa propia casa e na dos seus pais, nunha das aldea baleiradas desta Galicia que tivo á súa xente correndo polo mundo detrás do traballo, non coma os ricos que recorren o mundo nas vacacións, mentres os pobres van ver ás familias. Neste caso, a ninguén se lle escapa, a riqueza é a dos pobres. Os outros andan de vacacións sen descanso, sen parada e sen acougo. Érguense a toque de asubío, almorzan e corren de arriba para abaixo, para o norte e para o sur; xantan co prezo incluído na excursión e, sen pensalo, seguen coa ilusión de ver aínda máis mundo.
Parece mentira, co ben que se está na casa de vacacións, coñecendo e desfrutando do que temos ao arredor, paisaxe, arte, mar e monte, patrimonio cultural e natural, gastronomía, historia e vida. Antes de nada, como debe ser, parece conveniente coñecer Galicia paso a paso e de punta a punta, as cidades, os lugares, a arquitectura, as devesas, as illas e as ourelas dos mares, os meandros dos ríos e dos camiños todos. Todos con relanzos antes de acabar e coa posibilidade de revolta.
Turismo e vacacións para recorrer os andares dos nosos escritores e ler algún libro de cada un deles, pararse onde pararon os científicos que deron lustre ao coñecemento; subir aos altos máis altos e aos non tan altos, e mirar para os tesos, abrazar o horizonte e bicar o ceo. Mirar dende arriba, coa humildade da altura, e velo todo, todo enteiriño e ben feito, como se fose cousa da maxia desta terra nosa. Seguir as pegadas da historia, andar por onde andaron os romanos e pararse en cada castro, nos mosteiros e nas igrexas.
Cómpre seguir e escoitar o falar, o explicar e o soar do románico, coñecer os peiraos, a amabilidade e a coraxe dos mares. Desfrutar das praias todas, incluída a das Catedrais, e beber sen medo viño da terra, sabendo -como todos saben- que é tan bo o branco coma o tinto e o tinto coma o branco. Celia e Antón, xunto coa Tía Manuela, comparten a enorme ledicia de ter tanto que ver, tanto para coñecer e tanto que aprender, no alcance da súa mirada. Eles tamén saben que, por fortuna, todas as viaxes acaban cando se volve á casa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCRÍBLES
A la inteligencia artificial se le ve el plumero
Lalo Pavón
O AFIADOR
A educación na política
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Macronials
Fernando Jáuregui
La noticia más importante no está en las portadas
Lo último
La Región
CARTAS AL DIRECTOR
Un mércores nas urxencias do CHUO
MOMENTO PARA A CATIVADA
A fariñada tingue de branco A Picota de Laza
TRAGEDIA EN TERRANOVA
El hundimiento del Villa de Pitanxo, cuatro años después