José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A lóxica histórica da delimitación do PERI de Ourense
Un recordado escritor adoitaba sinalar, entre sorrisos cómplices, a estolidez crítica e literaria dun catedrático (igualmente recordado, conste) que perdera o tempo explicando como pode ser de noite e sen embargo estar chovendo, algo que na novela de referencia era de constatar na súa primeira páxina. Ó escoitalo máis de un quedou coa sospeita de si aquel comezo de novela era ou non era da autoría do crítico. E non, non era. Pertencía a un escritor decimonónico e compostelán apelidado Neira de Mosquera que por culpa de tal comezo veu gravemente danado o seu prestixio literario. Porén a confusión estaba creada e o dano consumado en ambos casos.
Creo que foi Manuel Vázquez Montalbán quen sinalou a importancia da primeira frase dunha novela, pero é posible que fose Juan Marsé... ou calquera outro; o caso é que o comezo dunha novela determina o espírito lector que ha concluír, ou non, a súa lectura. Dito o que antecede, ven a conto de que comecei a ler “Paraíso”, a última novela de XC Caneiro recén saída á rúa da man de Ézaro Ediciones.
Non a primeira frase proclamada esencial por Marsé ou Montalbán, pois razón darémoslla ós dous, senón que é o primeiro parágrafo enteiro o que suscita no lector ese promedio de sentimentos necesarios que o han incitar á lectura total desas catrocentas páxinas da última entrega de Caneiro. XC Caneiro, como el firma autoría da súa novela, é un gran escritor á altura dos millores da nosa literatura e, nalgún caso, superior a máis dalgúns deles. Posúe a necesaria ambición literaria da que carecen os máis dos escritores actuais. Ninguén se me alporice. Tal valoración é extensible a calquera corpus narrativo pertencente a calquera outra literatura. Esta novela pon en evidencia isto que lles estou dicindo.
Caneiro é un gran autor. Hai máis que o son na nosa fala. Mesmo dispomos doutros autores galegos que escriben en castelán e resultan igualmente luminosos. Non debemos ser renuentes en recoñecer a uns e a outros, a aqueles que escriben no noso idioma máis propio e ós que o fan no outro noso idioma cada vez máis hexemónico, madia leva.
Por iso o esforzo narrativo, a ambición literaria trasladada ás páxinas de “Paraíso” ou doutras novelas da autoría de escritores galegos en castelán deberán contentarnos a todos e todos deberemos valoralas con independencia das opcións estritamente persoais que cada un deles teña decidido. Todas son nosas, dun xeito ou doutro todas o son. Tamén por iso deberemos, como os lectores atentos que pretendemos ser, permanecer ó axexo da edición de novelas que axuden ó nunca esquecido Cunqueiro no seu desexo de que a lingua galega teña mil anos máis de vida. Créanme, é máis doado, polo menos máis habitual, que a elo axuden os escritores en moita maior medida que os académicos. E xa me entenden.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A lóxica histórica da delimitación do PERI de Ourense
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Los famosos también vuelven al cole
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Hacer lentejas en las burgas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Gobierno contra a los jueces
Lo último
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 12 de septiembre
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, sábado 12 de septiembre?