José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A lóxica histórica da delimitación do PERI de Ourense
DIARIOS DO PASADO
O 1 de febreiro de 2027 transcorrerán trinta anos da entrada en vigor o Plan Especial de Reforma Interior do núcleo histórico de Ourense, o PERI. Vinte e dous anos despois da declaración de conxunto histórico-artístico do núcleo histórico da cidade. Cando deixei o Concello de Ourense, estábamos a redactar un novo plan para modificar aspectos susceptibles de mellora tras tantos anos de xestión. De forma puntual, tamén a delimitación, porque se deixaran fóra enclaves importantes, como o Xardín do Posío, o cemiterio de San Francisco ou sectores esenciais das Burgas.
Non poucas veces teño escrito sobre a aplicación do PERI para -con maior ou menor éxito- recuperar a parte urbana que chega a nós ata mediados do s. XIX, conforme á extensión do coñecido plano urbano do enxeñeiro militar F. Coello, ademais doutros espazos engadidos.
Un bo exemplo é rúa de Cabeza de Manzaneda con Monte Medo e Monte Seixo, aínda que sexan, como vimos, áreas de planificación máis tardía. É un urbanismo reticulado, en evidente contraste co crecemento orgánico que o precede.
Coas puntualización que expuxemos sobre algúns sectores que non se tiveran en conta, dende o punto de vista histórico a delimitación deste PERI tivo unha lóxica razoablemente acertada. Se ben é mellorable, en especial polo avance das investigacións que en certo modo propiciou o propio plan especial, o trazado inicial posúe virtudes que non pasan desapercibidas, tanto para os estudosos como para ofrecer un marco espacial de protección e conservación da cidade antiga. Somos conscientes que poderían existir tantos criterios de delimitación como investigadores. Non obstante, estamos seguros, que os posibles desacordos serían máis de matiz que de fondo, porque os actuais límites deste núcleo histórico envolven, acollen e arroupan a case totalidade a trama urbana ata mediados do s. XX, aquel Ourense visto por F. Coello na cartografía -impresa en 1870 con datos de 1859- pero cunha delimitación abrazada por novos espazos nos que predominan os trazados ortogonais, con planificacións urbanas ordenadas en rúas rectas que se cruzan con outras semellantes, a maioría creadas a partir de finais do s. XIX e inicios do XX. Referímonos a eses trazados con intención hipodámica que forman, entre outros exemplos, a rúa do Cardeal Quiroga con respecto á de Santo Domingo e a do Paseo; ou esta coa de Concordia; tamén a do Pai Feijoo coa de García Mosquera e Lugo. Máis tardío, a partir da década de 1960, é o reticulado limítrofe que envolve a cidade histórica por San Francisco. Un bo exemplo é rúa de Cabeza de Manzaneda con Monte Medo e Monte Seixo, aínda que sexan, como vimos, áreas de planificación máis tardía. É un urbanismo reticulado, en evidente contraste co crecemento orgánico que o precede.
Estes novos trazados son os que delimitan o Ourense que viu Coello. Daquela, case ata avanzado o s. XIX, era toda a cidade, o único Ourense existente. Non esquezamos que este PERI de 1997 tamén engadía o conxunto do antigo convento, despois cuartel militar, de San Francisco. Porque o convento, inicialmente situado no Barrio Novo ou Cimadevila, actual praza do Correxidor, foi reconstruído no s. XIV no espazo dende entón chamado así, de San Francisco.
Os criterios de delimitación do PERI de Ourense dan resposta no esencial a valores históricos que se coñecían hai máis de trinta anos, aínda que deixara atrás enclaves tan importantes como os xa citados. Aínda que todo é mellorable, a dita delimitación, sustentada nunha reflexión histórico-arqueolóxica, proporcionou unha boa ferramenta de xestión que agora debe ser actualizada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
A lóxica histórica da delimitación do PERI de Ourense
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE VERANO
Los famosos también vuelven al cole
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
Hacer lentejas en las burgas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
El Gobierno contra a los jueces
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Sábado, 12 de septiembre
PROPUESTA DE UN DELEGADO ESPECÍFICO
El salto del narcotráfico en Ourense: de los narcopisos de Covadonga a las aguas del Caribe
PRESENTACIÓN EN SOCIEDAD
El cobismo conquista las calles