Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Se buscan Daoiz y Velarde
TÍA MANUELA
Sería bonito facer un simposio para tratar, dende unha perspectiva científica, tódolos aspectos da amizade, dese sentimento de afecto e confianza que abraza cunha aperta forte á xente de ben. Un simposio para estudar, reler e recordar aos filósofos que prestaron atención á amizade, á querenza dos amigos, deses que ao velos contigo encárganse de dicir quen es, de onde vés e para onde vas. Deses que están sempre atentos e ao teu lado, nas verdes e nas maduras.
Aristóteles, uns séculos antes de Cristo, falaba da amizade como a boa vontade recíproca e recoñecida, con utilidade para ambas partes, amizade por pracer e por virtude. Cando os clásicos se referían á amizade, non pensaban nos miles de milleiros de amigas e amigos a golpe de clic. As amizades das redes son outra cousa, forman parte doutras correntes filosófica ou sociolóxicas que están en proceso de estudo, en cambio constante e na procura do vieiro adecuado.
Sería ben facer un congreso de expertos e estudosos da amizade para darlle corpo á idea, ao pracer e ao interese por compartir
A amizade verdadeira entre persoas está baseada nunha relación fonda, madura e determinada polo que son cada un dos individuos. En facebook, ou en calquera das outras redes con miles de amigos, a relación é superficial entre descoñecidos, é como un sentimento de enorme soidade. As redes sociais e a súa utilidade poden considerarse como algo positivo e favorecedor da mercadotecnia, para o consumismo e, en ocasións, para a confusión que xera a escasa información.
Sería ben facer un congreso de expertos e estudosos da amizade para darlle corpo á idea, ao pracer e ao interese por compartir. Para darlle voltas e analizar aquilo que dicía Séneca de que “nada proporciona tanto pracer á mente como unha amizade sincera e leal”. Sería ben pararse, mirar e observar a amizade entre os pobos, entre as relixións, entre as culturas amigas, a veciñanza e entre cada un dos membros de calquera familia.
Ás amizades hai que coidalas e protexelas, respectalas e entendelas. Son parte importante do patrimonio persoal, son a riqueza máis grande que se pode conseguir e, como escribiu Luisa Villalta, “a amizade ten flor que rebenta nas paredes”. A Tía Manuela enténdea como compromiso. Un compromiso que esixe franqueza, que se basea no coñecemento dos amigos e que se prolonga no tempo, para converterse en irmandade. Iso é, os amigos, como irmáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Se buscan Daoiz y Velarde
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ignorante o mentiroso
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
Todo lo que ya no existe con Sánchez
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Premeditación y alevosía
Lo último
Evelio Traba
LEER ES UN PLACER
Retrato del criminal víctima
INCLUIRÁN EL GALLEGO EN SUS OBRAS
Una pareja cambia Gandía por Rairiz de Veiga para crear videojuegos en Gatatruko Studio: "Es la mejor decisión de nuestras vidas"
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, jueves 3 de septiembre?