Antes de nós

¡Buone visioni!

Simone Saibene analiza la actualidad cinematográfica más reciente

Publicado: 30 may 2025 - 01:45
Antes de nós.
Antes de nós.

O cinema galego segue recollendo éxitos, noutro gran ano que se suma aos tres anteriores, onde xa se bateron récords de presenza na carteleira do cinema comercial e chegaron importantes recoñecementos en festivais. A estrea en Cannes de dúas películas con raíces galegas - Sirat de Oliver Laxe e Romería de Carla Simón – e o Premio do Xurado ex-aequo para o filme de Laxe foi o resultado dun traballo dun sector no seu conxunto e que vai medrando ano tras ano. Ao mesmo tempo cada vez hai máis confianza por parte de produtores e creadores en apostar por historias propias, relacionadas coa cultura e a historia do país, considerando ademais que hai un público interesado nestes relatos. Isto é o caso de Antes de Nós, segunda longametraxe de Ángeles Huerta e cun guión escrito por Pepe Coira, que despois de estrearse oficialmente no certame agroglamuroso de Cans chegou á pantalla grande a fin de semana pasada. Foron só 17 salas de cinema pero resultou ser nas listas das 10 películas máis vistas, cunha media por copia de 178 espectadores, a terceira da historia do cinema galego por detrás de O que arde (2019) de Oliver Laxe e A Esmorga (2014). Uns bos resultados que permitiron a súa permanencia no cinema comercial por outra semana, aínda que o filme ten un potencial enorme para chegar a un público máis amplo en percorridos de distribución alternativos: os concellos, o cine de verán, os centros de ensino, os cineclubes, as asociacións culturais, etc.

Antes de Nós relata uns momentos íntimos e poucos coñecidos do pai do nacionalismo galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e da súa parella, Virxinia Rodríguez. A película desenvolvese paralelamente en dous momentos cronolóxicos distintos: o ano 1918 cando Castelao deixa a súa praza de funcionario en Pontevedra para traballar como médico en Rianxo durante a gripe española, e o ano 1929 no que o matrimonio percorre Bretaña despois da perda do seu único fillo. Estas etapas, anteriores ao nacemento da Xeración Nós, foron fundamentais para Castelao para entender mellor á sociedade galega e formar unha visión propia. Ao igual que a nivel artístico, Castelao utilizou o debuxo para investigar o mundo ao seu arredor e sentar as bases do seu pensamento crítico. Algúns das súas obras cobran vida durante o filme e isto é un dos mellores acertos da película. Antes de Nós ten unha posta en escena moi coidada, iluminada elegantemente por Lucia C. Pan, e unha caracterización de personaxes bastante ben lograda onde destacan as interpretacións de Xoán Forneas no papel de Castelao, de Cris Iglesias no de Virxinia, e de Nancho Novo no de Sobral. É un filme que se pon ao servizo dos actores pero non é un melodrama emocional feito de primeiros planos, máis ben é unha película de planos medios, onde os interpretes sitúanse nun contesto igualmente importante e recoñecible. Mesmo resulta ser un biopic convencional, pero non é necesariamente un demérito contar con sinxeleza unha historia que houbera podido converterse facilmente nun mostrario de clichés. Unha mágoa, iso sí, que as localizacións bretoas resulten ‘falseadas’ por falta de orzamento porque houberan aportado un plus á historia. De todo xeito, Antes de Nós, é outra obra que confirma o bo momento que está a vivir o cinema galego en diferentes miradas, xéneros e formatos: a excelencia dunha cinematografía nas súas múltiples expresións.

“La trama fenicia” y “Blindado”, nuevos estrenos en cines

La cartelera del último viernes de mayo llega con varios estrenos destacados. Entre ellos, “La trama fenicia”, la nueva película de Wes Anderson con Benicio del Toro, cuenta “la historia de una familia y un negocio familiar” donde un empresario europeo y su hija monja se ven envueltos en una red de espionaje.

Anthony Hopkins regresa al cine con “Blindado”, un thriller de terror dirigido por David Yarovesky. Un hombre al borde de la pobreza roba un coche sin saber que se trata de “una trampa mortal de la que deberá intentar escapar”.

Benicio Del Toro.
Benicio Del Toro.

También se estrena “Hamburgo”, dirigida por Lino Escalera, sobre una oscura trama de prostitución. El protagonista, encargado de trasladar mujeres para clubes de alterne, está “arruinado y completamente perdido” y acepta trabajar para una mafia local.

En “El jockey”, de Luis Ortega, Remo Manfredini, una leyenda de las carreras, comienza a tener un “comportamiento autodestructivo” que pone en riesgo su carrera y su relación con Abril, su pareja y compañera de trabajo. El fenómeno juvenil “Almas marcadas. Rule + Shaw”, dirigido por Nick Cassavetes, lleva al cine una historia de amor “salvaje” entre dos amigos que parecen incompatibles.

Contenido patrocinado

stats