Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Non sabedes a alegría que me produce ver a Reixa nun plató de televisión, como agora mesmo está sucedendo con “A Liga dos Cantantes Extraordinarios” da TVG.
E todo despois de centos de vicisitudes pasadas por culpa dun terrible accidente no 2018 que o tivo en coma e “máis para alá que para acá”, é cando cambia a súa vida e nesa resurrección vanse xuntando un montón de sensacións, emocións, e unha mestura de vivencias, unhas máis próximas e outras máis alonxadas da realidade.
Pero eso é historia, e menuda historia, que deu para libros, cunha narrativa non demasiado propia deste poeta de “Rompente”, que chegou a poñer moitas cousas patas para arriba nesta Galicia que quería modernizarse a marchas forzadas.
Pois aí o temos con toda a humildade do mundo exercendo de xurado e con todo o seu saber, e sabe moito, de música, de posta en escea, de papel actoral e de todo o que teña que ver co audiovisual. Reixa fixo de todo, foi productor, director executivo, creador, guionista, axitador e o que fixera falla; desde o “Lápiz do Carpinteiro” de Manuel Rivas ata as marabillosas “Mareas Vivas” que el creou e por onde comezaban a despuntar actores e actrices da talla de Luis Tosar, foi o seu gran lanzamento, Isabel Blanco, a querida Maria de todos os galegos, Miguel de Lira, Mela Casal, o querido Pico ou o gran Luis Zahera, entre moitos outros. A este último coñecino levando unha bronca importante por cortar o pelo sen autorización do director. Cousas de Zahera (“Petróleo”). Eu ía facer un cameo para a serie facendo de min mesmo e vendo como Reixa lle botaba un “rapapolvo” de moito nabizo.
E foi Reixa, e non outro, quen me bautizou, e foi el quen enchía cada semana de gorras coloridas todas as cabezas do público do plató
E fun facer de min mesmo porque xa levaba varios anos presentando o “Supermartes” e cultivando, por orde de Reixa, o alcume de “Superpiñeiro”, que tantas alegrías me deu.
E foi Reixa, e non outro, quen me bautizou, e foi el quen enchía cada semana de gorras coloridas todas as cabezas do público do plató, que axudaban a bailar aquel merengue galego con gaita que Reixa e os seus “Resesentidos” sacaron da chistera para que toda Galicia movese o esqueleto.
Tanto é así que lle pedín que me producira o primeiro disco gravado nos estudos da Radio Galega, que, con letras diferentes, recollía moitas variantes da melodía orixinal, desde un mambo ata un merengue ou unha rumba, “A Rumba do que non hai”.
Antón Reixa pode escribir con letras de ouro este e outros programas, series ou películas do audiovisual galego.
Reixa era daquelas, no ano 92, o productor executivo da empresa CTV, responsable e creadora do programa, co empresario palestino Ghaleb Jaber á cabeza, e a quen nunca lle agradecerei bastante que me deixase toda a libertade do mundo para conducir un programa “prime time” que durou catorce anos, e máis que podería ter durado. Reixa deixou a pel a noite anterior á estrea do programa, repetimos o programa enteiro tres veces ata que tivo claro que aquelo ía funcionar, e vaia se funcionou, co gran “Atilano” de protagonista, que este ano rescataron para unha entrega de premios aos que nunca vou, e para a presentación da programación da CRTVG, co cal aínda que non puiden asistir á festa de “Vialia” en Vigo, sí que me sentín moi ben representado. Agora son moitos e moitas os rapazolos e rapazolas que se achegan pola rúa para dicirme “Piñeiro, eu son fillo de Atilano”, son aqueles nenos que ían á escola case sen durmir por estar coa avoa sen ir á cama vendo o programa ata que aparecía o trompeteiro.
Pois, aínda que eramos un gran equipo, Antón Reixa pode escribir con letras de ouro este e outros programas, series ou películas do audiovisual galego.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor