Anulando o eterno

Publicado: 24 ene 2025 - 00:05

“Calquera, pois, que anule un só destes mandamentos…” (Mateo 5:19)

Contextualizando este texto do evanxeo de Mateo, topámonos coa frase de Xesús na que afirma que no veu abolir a lei, senón que veu cumprila. De seguido afirma que a súa lei é eterna e que ninguén pode anular ningún dos mandamentos de Xesús. Pero se alguén se atrevera a elo, dinos que será chamado: moi pequeno no seu reino.

Aquí temos un paralelismo cos que gardan os mandamentos e os ensinan, pois son considerados como moi grandes no reino dos ceos.

Por outra parte a xustiza dos fariseos e escribas estaba afastada de Deus, porque tiraban e colocaban mandamentos segundo os seus propios intereses. Porén os dirixentes xudeos non entenderan que a mensaxe de Xesús estaba próxima a cumprir o seu obxectivo: deixar os ritos nos que estaban a escravizar ao pobo, e obedecer a Deus. O gran fracaso de Israel foi esquecerse do Deus que os librou de moitos perigos.

Pero isto non deixa de ser unha figura das persoas que Deus alumea e abenzoa, e non queren seguir ao seu carón. Basta xa de relixións!

Contenido patrocinado

stats