Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Apareceu Atheán. Non podía ser noutro lugar, en Ourense. A súa mensaxe previa, cordial e afectuosa, citábame na Praza do Ferro, para tomar un viño e falarmos. Alí estiven, desta volta puntual. Chegou encarnado na mesma figura coa que o coñecín, a do estudante de Filosofía, con inquedanzas literarias, Xosé Sorribas. Todo vestido de negro, o rostro picado de variola e uns lentes redondos que lle daban un airiño intelectual. Debaixo do brazo un cartabol. Nada máis vernos, ó pé da fermosa fonte, fundímonos nunha aperta. A mellor maneira de non xustificar nada nin andar con desculpas. Como se fai entre os bos amigos. Fomos ata o Fontefría e pedimos tinto do Ribeiro, acompañado dun salmón afumado; exquisito.
Faise a guerra, e non para reestablecer a paz, a xustiza e a harmonía
Notei no anxo -é dicir, en Pepe Sorribas- un pouso de melancolía. Comezou espetándome unha pregunta. -Sabes ti cantas guerras hai hoxe no mundo? -E, sen darme vagar a consulta no móbil, atallou. -Exactamente corenta e dous conflictos armados activos- Para continuar dicindo, logo. -A mais sonada é a ruso-ucraína, que comezou en 2014, as de Oriente Proximo recúanse a 1948, pero as vedraias, aínda latentes, remóntanse a 1916 e 1918; a irano-kurda e a turco- kurda, cento e pico de anos guerreando. Que barbaridade!!!-
A partir de aí, a nosa conversa foi indo cara ó simbolismo da guerra. O sentimento xeral, desde a antigüidade, os costumes contemporáneos e o aumento das capacidades destrutivas fan dela o azoute universal. A vergoña da humanidade. Triunfa a forza das armas, non a da razón. Outra mentira -apunteille eu a Atheán- é o concepto de que a confrontación violenta para aniquilar ó inimigo vai aparellada á destrución do mal. Faise a guerra, e non para reestablecer a paz, a xustiza e a harmonía. Para incrementar o gasto armamentista, para destruir, asoballallar e eliminar homes, mulleres, nenos...
Para o meu amigo anxo, baseándose nos textos tradicionais do cristianismo, a guerra debera ser entendida, nunha relixión que procura a paz e predica a non violencia -aquilo de poñer a outra meixela- como unha batalla interior. A loita íntima do ben contra o mal. Nese intre, recordeille o da guerra “santa”. Replicoume il insistindo no enfrontamento entre tebras e luz. Púxome como exemplo o “exército de luz”, acuñado por San Paulo. Seguiu defendéndose, como puido, representado, esta vez, por Pepe Sorribas, quen en realidade falaba pola boca do anxo. Mais a realidade dos combates armados materiais implica -alporizado, case berrándolle- que a guerra santa, en calquera das relixións do mundo é un contrasentido intolerable. Unha farsa. Por moito que os soldados e as armas, agora nucleares, sexan considerados de orde espiritoal, na guerra morren -non de morte morrida, de morte matada- miles de miles de milleiros de seres humanos. Boa parte diles inocentres. E dicir, civís, non soldados. O mandamento da lei divina resulta claro; non matarás.
E así foi indo a nosa leria, mollada co bo tinto ribeiro e adobiada con viandas ben sabidas. Chegados a un punto, Atheán botou mau do seu cartafol, abriuno e tirou unha folla manuscrita. Nin de lonxe imaxinaba eu do que se trataba. Era un poema propio. De Atheán, non de Sorribas. Con acento grave e ton modulado, foimo lendo, O meu esforzo de atención, nunha taberna ateigada de clientes barulleiros, pagou a pena. Tratábase dun magnífico texto en endecasílabos brancos, -métrica regular sen rima- cuxa musicalidade me lembrou a épica núa, ó ritmo perfecto, á forza da palabra morna e directa d¨O paraíso perdido de Milton. Púxenme de pé petando as maus. Era unha composición rotunda. Unha peza digna da inspiración e da pluma dun anxo. Atheán, en forma de Sorribas, díxome, en ourensán -Queda coil e acepíllalle algo o galego. Ti diso sabes. Envíamo a este correo electrónico: xsorribas@celestial.net. Apúntao no mantés de papel, sei que odias o WhatsApp- E, con experto desemulo, ergueuse e marchou sen outra cousa. Demoreime un bo pouco coa lectura do poema. Cando erguín a vista, decateime de que Atheán marchara sen pagar. Nin sequera a escote!!!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Aquí no dimite nadie
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Lembranzas de Otero Pedrayo no centenario da Guía de Galicia
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Blas de Lezo
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El récord Guinnes que espera Lugo
Lo último
INCIDENCIAS POR LLUVIA Y NIEVE
Ourense, al límite ante la llegada de la borrasca Leonardo: lluvias constantes, ríos desbordados y embalses llenos
CITA AUTONÓMICA
Un estreno con grandes sensaciones del piragüismo gallego