Rafael Dávila Álvarez
Non plus ultra
Entrou na oficina bancaria daquela esquina, onde tantas veces entrara, para informarse do estado da súa conta case baleira permanentemente. Non coñecía a ninguén; xa non era o que fora, non había portelos abertos ao público, non había funcionarios nin xornais encima das mesas, nin bolígrafos, nin calendarios, nada de nada. Non había xente para cobrar o subsidio, nin con quen falar. Máquinas a moreas, sentadoiros decorativos e artísticos para que ninguén fixera uso deles, luces de cores cálidas e letreiros de cores ofertando o ouro e o mouro, de tal maneira que podes investir aquí, gastar aquí, comprar aquí tamén e, incluso, arruinarte aquí mesmo, sen necesidade de moverte, sen ir alá, a onde pensabas que nunca irías.
Non hai cartos nos bancos, nin hai con quen contalos. Plástico a moreas. Tarxetas decorativas, artísticas, brillantes, luxosas e lustrosas. Plástico con valor de ouro, co peso da herdanza enteira, co poder do capital, con valor abondo para un negocio calquera e coa suficiente tristeza de ser soamente material sintético e inválido, se non ten engadido un chip, unha ligazón ao fondo da carteira que almacena a suor da maior parte dos clientes desa banca con luminosidade abondosa cara o exterior e con grande opacidade por dentro.
Moitos dos nosos e nós non entendemos tanta cousa: tanto paro, tanta espera, tanta tarxeta con pin ou sen pin, tanto pagar e tanto calar. É difícil de entender estes negocios novos, nos que todo parece outra cousa, unha realidade distinta, un feito ardoroso e de carácter global, como global debería ser, pola contra, a atención ao planeta e ao medio ambiente. Global debería ser a educación, a xustiza, o respecto e o aprecio, a solidariedade e a equidade. E, os dereitos? Por favor, que sexan igualmente globais.
Entre os dereitos está o coidado á natureza a á vida, por iso moitos queren erradicar o plástico do entorno, dos comercios, dos envoltorios, dos mares, da vestimenta e dos ornamentos, por saúde e por economía. Xa o dicía a Tía Manuela, “agora coa normativa e antes sen ela, pagamos o plástico ao mesmo prezo que o solombo, ata ese momento ecolóxico”. Caro!, e máis caro vai ser aínda o tratamento para a cura do mal que está producindo tanta contaminación e tanto inútil envoltorio
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Rafael Dávila Álvarez
Non plus ultra
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
Feijóo e Sánchez no espello extremeño
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
A feira política
Manuel Orío
La tregua de Navidad
Lo último
PLAZA DE ABASTOS DE OURENSE
La justicia frena el desalojo de los placeros de la Alameda
Guerra en ucrania
Zelenski anuncia que se reunirá con Trump en “un futuro cercano”