O aparcadoiro exclusivo

O AFIADOR

Publicado: 26 oct 2025 - 06:06

Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

Quenes viven ou traballan na cidade de Ourense comproban que vive un proceso de estancamento, cando non de regresión, no funcionamento armónico do conxunto de elementos e circunstancias que han de converxer en todos os ámbitos para que un pobo progrese mantendo e criando vida sen prescindir do que históricamente nos fixo chegar ata eiquí. O pulo económico e social está aletargado e o político, que debería ser batuta e guía para canalizar as oportunidades de progreso, non está nin se lle agarda, máis alá dos instantes reservados para explicitar a liorta, aniquilando a máis mínima posibilidade de entendemento.

Viaxar hoxe polas cidades e vilas máis importantes de Galicia -agás Ferrol, si acaso- e de outros moitos lugares máis alá, produce unha sa envexa que nos coloca negro sobre branco en canto á realidade que vivimos. A terceira cidade de Galicia non sabe que facer cos coches, cunha morea deles dando voltas sen que os seus condutores saiban cara onde ir por falla de aparcadoiros. Mentras o número de prazas de aparcamento en superficie menguan progresivamente, as áreas máis populosas de Ourense -A Ponte, San Francisco, As Lagoas, O Couto ou Mariñamansa- carecen de lugares para deixar os coches.

Mentras o número de prazas de aparcamento en superficie menguan progresivamente, as áreas máis populosas de Ourense -A Ponte, San Francisco, As Lagoas, O Couto ou Mariñamansa- carecen de lugares para deixar os coches.

Paradigmático é o caso de A Ponte, que contando con aparcadoiro de uso público nos sotos da ignominiosa praza que da acceso á estación do ferrocarril e que viña a solventar un grave problema no barrio máis poboado de Ourense, segundo venderon as autoridades. Pois ben, os cidadáns non poden meter os seus coches a determinadas horas, porque o panel que hai á entrada indica que está completo, en tanto que unha valla impide e ten conta dun letreiro que reza que o paso franco é “so para abonados”. Así que a inmensa maioría dos veciños máis os miles de persoas que cada día traballan na zona ou deben facer compras ou xestións nela, non lles queda máis alternativa que armarse de paciencia transitando en círculo -ou en calquera outro sentido- na procura dun lugar para deixar o coche, que non aparece, ou xurar en arameo, que non resolve o problema pero descarga a ira acumulada. Entre eses tantos usuarios están os que van ou veñen á estación de tren, os usuarios da estación de autobuses e as xentes que teñen que acudir ao centro de saúde, moitos deles maiores ou enfermos.

E que dí a persoa que atende o parking? Pois encóllese de ombros, mentras solta que está ocupado por “abonados y las empresas de alquiler”. É que fan Adif, Xunta, Concello ou Subdelegación do Goberno para solventar tal abuso? Non consta.

Contenido patrocinado

stats