Eduardo Medrano
Motín de Esquilache
PINGAS DE ORBALLO
Desde as seis horas e vinte e tres minutos da madrugada, desde que volveu a luz, estou esperando a apocalipse. Espéroa desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas. Para estar máis cerca de Deus. Confío en non ir ó inferno. Se cadra merézoo máis que moitos, pero... vai ti saber!
O primeiro aviso tivémolo coa pandemia da covid-19. O segundo aviso chegou co apagamento eléctrico de toda a Península Ibérica. O terceiro e definitivo chegará co cometa H3XKaput que chocará coa Terra non tardando moito. E non será un impacto para extinguir algo así como algúns animais, se non que, ó ser o cometa case o dobre de grande que o noso planeta, as consecuencias de tal choque non teñen volta de folla, ou sexa, non hai bicho que aguante, é dicir, non quedará pedra sobre pedra. Xa adianto que non será necesario a acumulación de produtos de subsistencia. Non será necesario ningún asalto ó Mercadona nin supermercados semellantes. Para que? Non haberá sobreviventes. Non quedará nin o po, nin a voaxa do propio planeta.
Pois iso, ás seis horas e vinte e tres minutos da madrugada subín correndo os 103 chanzos que levan ó campanario. Subín sen practicamente nada. Tan só o imprescindible para subsistir ata a mesma apocalipse, ata a chegada do cometa H3XKaput, que mandará á Terra ata o infinito e máis alá, ou sexa, a tomar por aquel sitio.
E como sei que hai que morrer, que queredes, faime ilusión que sexa unha apocalipse a que me mande ó mundo dos silenciosos, dos apagados, do baleiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AL MENOS UN HERIDO
Una colisión entre dos coches provoca retenciones en Rabo de Galo, Ourense
CÚMULO DE LESIONES
Totó, el pulmón del Allariz
LOS LIBROS QUE LEO
"Cartas a un joven poeta" para una búsqueda de la paz interior