IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Igrexa Santa María – Francisco Blanco, Tameirón
Nun libro con tapas vermellas e letras negras e brancas, vinte escritores -un prólogo, quince relatos e un epílogo- cóntannos cousas de “todos ou ninguén”. Un libro, “Conciencia de Clase”, no que se narran contos, vivencias, historias, riquezas e miserias das Comisións Obreiras. Historias que abarcan a infancia, a formación e o traballo dalgúns dos protagonistas da loita obreira, cando había obreiros e cando era necesario levantar a cabeza e mirar para adiante, sen deixar de ver o de atrás. Cando era necesario -máis ou menos, como hoxe- a defensa de valores e principios, como os da solidariedade e da igualdade, cando menos.
Despois do prólogo, unha verdadeira peza literaria do xornalista JoaquínEstefanía, vén “Petra”, no que Elvira Lindo deixa testemuño da grandeza daquela sindicalista, Petra Cuevas, sabedora de que “os que loitan poden perder, pero os que non loitan están perdidos”. E xa, en terceiro lugar, aparecen os nosos amigos: Manuel Rivas fala do “Aprendiz”, faino nun relato verdadeiramente entrañable e, polo tanto, recomendable. Séguenlle outros textos e, na páxina 240, comeza o epílogo, “en cinco entremeses”, da autoría de Unai Sordo e Bruno Estrada.
Era un neno aprendiz de canteiro, un neno que andou polo mundo de obreiro. Durmía onde podía, poucas veces en cama feita, nas palleiras, nas barreiras, nos currais e á sombra da lúa. Onde podía, abrazado á paleta que colgaba do cinto apertado e aquel pico pequeno que se cravaba nas súas costelas, igual que ao zapateiro se lle cravaba a subela e os arames ao cerralleiro. Aquel pico de apicoar á pedra, ferramenta para facer oficio, arte, música e paredes de unión e de separación, ao mesmo tempo.
Tempos aqueles, amigo Ferreiro, prezado Luís González López, amigo de tantos amigos grandes. A túa honestidade e a túa bonhomía enaltecena mestría dos mestres e honranaos colegas. Don Xesús (AlonsoMontero), Abades, Ana Acuña,Roi Cagiao, Fernando Llor, Carmen García-Rodeja, Avelino Muleiro, Senén Vaamonde, Antón Pulido, Juan Fonseca Moretón, Mero Iglesias, María Guerrero e moitos, moitos máis, de Mondoñedo, da Chaira, de Ferrol, da Estrada, de Vigo, de Sandiás ou da túa Vila de Cruces, e todos os do mundo mundial, que eran e son boa xente, saben que o Aprendiz eras ti, Ferreiro, antes que mestre e que guerrilleiro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Igrexa Santa María – Francisco Blanco, Tameirón
Luis del Val
La extraña soberbia
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
A emigración e un señor dos Peares
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os mortos vivos
Lo último
Ante las villas termales españolas
Luis Menor defiende el termalismo como “oportunidade de vida”
ESCASEZ DE MÉDICOS
La sanidad agita el pleno municipal de Carballiño