Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
La bola negra
DIARIOS DO PASADO
Un destes días entroume unha mensaxe de WhatsApp no móbil. Era do amigo Afonso Monxardín para enviarme unha fotografía da placa que conmemora o nacemento de Lluís Pericot nun edificio de Girona. O profesor e prehistoriador Pericot, formado no ámbito académico universitario catalán e madrileño, mantivo, ademais dunha fonda amizade, unha estreita relación intelectual con Cuevillas.,
A estas alturas non teño que lembrarlles que Florentino Cuevillas foi un gran arqueólogo e prehistoriador que naceu e viviu en Ourense e, sobre todo, un sólido precursor para moitas xeracións de arqueólogos. Un dos seus grandes méritos foi a súa formación inicial case autodidacta, porque licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago, a USC. Xa titulado, en 1911 marcha a Madrid para cursar Filosofía y Letras, que daquela englobada os estudos de Historia, onde recibiu as ensinanzas do historiador e catedrático Juan Ortega y Rubio. Como anécdota, dicirlles que alí coñeceu a Otero Pedrayo. De volta en Ourense frecuenta os faladoiros da botica de Temes e da “Comisión Provincial de Monumentos de Orense”, onde se reencontrará cos antigos mestres da súa etapa do bacharelato ourensán. Con todo, aínda pasará tempo para que Cuevillas se achegue á historia, o que ocorrerá practicamente na década de 1920, con incursións na Historia Contemporánea. Incluso os seus primeiros escritos eran artigos políticos e de crítica literaria en medios periodísticos como El Miño, Faro de Vigo, Diario de Orense, El Pueblo Gallego, ou La Zarpa, amosando unha inclinación narrativa acaso herdada do catedrático madrileño de Literatura, Prudencio Mudarra y Párraga.
El inolvidable Florentino López Cuevillas, el más destacado de los prehistoriadores de la región, se brinda a colaborar con él en las excavaciones de la citania de Troña
O seu primeiro traballo arqueolóxico aparece no ano 1921, sobre a “cidá” de Aquis Querquennis, en Bande. E entre os arqueólogos profesionais que máis influíron na formación científica de Cuevillas, destacamos a Pericot, discípulo de Bosch Gimpera. Pericot gañou a cátedra na USC, tomando posesión, aínda que só por dezaoito meses, en decembro de 1925. Aínda que foi pouco tempo, deixou unha fonda pegada en Galicia e en Cuevillas, con quen mantivo unhas relacións profesionais e persoais frutíferas e recíprocas. Dicía Blanco Freijeiro sobre a chegada do catalán: ”El joven profesor es objeto de una cordial acogida entre los estudiosos gallegos. El inolvidable Florentino López Cuevillas, el más destacado de los prehistoriadores de la región, se brinda a colaborar con él en las excavaciones de la citania de Troña (Ponteareas, Pontevedra), realizadas entre 1927 y 1930”. Pero tamén dicía Pericot: ”...una de mis primeras misiones...era la de ponerme en contacto con Cuevillas e impulsar en el cauce científico la labor que el grupo de arqueólogos encuadrados en el SEG (Seminario de estudios Galegos) estaba desarrollando” e que “En el Seminario del profesor Bosch Gimpera y en las sesiones de la Asociación Catalana de Antropología, sonó pronto el nombre de Cuevillas. Un joven prehistoriador gallego, surgido de la remota Orense, se revelaba ante la general sorpresa como un excelente expositor, conocedor de las modernas teorías y afortunado excavador” e que “aparecía como brillante adalid de una naciente escuela arqueológica dotada de personalidad dentro del movimiento científico español”.
Cando Pericot se integra na USC, a universidade concédelle varias bolsas de viaxe de estudos para investigar “in situ” as relacións de Galicia con outras fisterras atlánticas desprazándose, sempre co apoio de Bosch Gimpera, a Inglaterra, Irlanda, Escocia ou Francia. Estase a propiciar a tradición atlantista tan presente nas investigacións en Galicia, o que será o denominador común en non poucos arqueólogos das xeracións seguintes. Pericot foi, como vimos, discípulo de Bosch Gimpera e, daquela había en España dúas escolas arqueolóxicas: a de Barcelona, encabezada por Bosch e cunha concepción ultrapirenaica da prehistoria, e a de Madrid, liderada por Gómez Moreno, cun forte carácter hispanista. A primeira puidera explicar, dadas as influenzas teóricas que Bosch, Obermaier e Pericot exerceron sobre Cuevillas, a tradición atlantista tan presente nas investigacións en Galicia e que sempre impregnará os traballos de Cuevillas nos concienciudos estudos sobre a prehistoria do noroeste.
É difícil lembrar a Pericot sen citar a Cuevillas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Isaac Pedrouzo
¡ES UN ANUNCIO!
La bola negra
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Pericot, mestre do mestre Cuevillas
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Los amores y los odios del pasado compartido
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
La vivienda, el último fracaso
Lo último