Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Sigo na liña de lembrar algunhas vacacións fóra do Padornelo, fose en Praga, en Amsterdam, Copenhague, Londres ou, como é o caso, en Sitges, de onde me quedou claro que xa non era para min tanta calor e tanta humidade.
Recordo, con permiso do amigo “Canito”, da Galería Sargadelos de Ourense, co que coincidimos naqueles lares, o día que fomos de Sitges a Barcelona en tren para mercar un traxe para unha voda.
Foi sair da estación do Paseo de Gracia, onde se atopan xunto coa Diagonal moitas das tendas máis exclusivas de Barcelona, e recibir unha bafarada de aire quente e húmido que case nos fai volver ao tren de inmediato, cousa que fixemos non a moito tardar porque era imposible probar traxes por moito aire acondicionado que houbera; chegar ás tendas envoltos en suor era unha pura odisea. Por fin Canito dixo con bo criterio “xa o mercarei en Galicia cando volva”. E volvemos a toda présa para chegar a comer ao seu hotel, onde tiña “compinchado” ao maître do restaurante para que sempre houbera unha mesa estupenda reservada ao lado da piscina.
Pois en Sitges, lugar ben bonito por certo, pasei os meus últimos veraneos cataláns por varios motivos, un deles por as dúas ondas de calor que pillei e que impedían sair do hotel ata a noitiña para darse un baño nun mar a case 30 graos; e vaia, eu son dos que non meto nin un pé na Ría de Vigo na que estou, pero aquelo parecía calquera cousa menos auga.
Recordo, por contarvos unha anécdota, que como o verán é época na que as televisións repiten os programas ao haber menos consumo, tiven que chamar ao director da miña porque entre o “Supermartes” o “TéqueleTéquele” e o “Tequelexou” saía todas as noites en pantalla, e os martes especialmente, de 10 da noite a dúas da madrugada, era a “Noite de Superpiñeiro”. Chamoume algún amigo para preguntarme se comprara a TVG. Aínda botamos unhas risas, pero o certo é que o meu director daquela, o amigo Anxo Quintanilla, fíxome caso e dosificou as miñas aparicións, por certo gratuitas, aínda que vou presumir un chisco é dicir que as audiencias eran estupendas.
E todo isto desde Cataluña a onde nunca máis volvín, como dicía ao principio por varios motivos, ao mesmo tempo que deixei de mercar cava catalán e algunha cousa máis que non vén ao caso. Sodes moi listos e xa o entendedes. Entre outras cousas porque Barcelona xa leva anos con ese problema que agora teñen Mallorca, Oporto, Santiago e moitísimas cidades, onde é imposible facer un turismo mínimamente desafogado. Pero claro, todo o mundo ten dereito a viaxar e gozar, pero o certo é que estas cidades están sendo desnaturalizadas e cada día viven nelas menos veciños cos que falar, xa que os alugures e as compras están polas nubes.
E esto xa pasa tamén en Galicia en lugares de veraneo, onde eu estou, e onde son moitos os veciños que despotrican contra este turismo de masas. Salvo os que viven de negocios que lles axudan a pasar o inverno, moitos outros seguen falando desa “invasión dos jodechinchos”. Para moitos ourensáns, como eu mesmo antes de andar por estas terras do Morrazo, dicirlles que os chinchos son os nosos xureliños. O certo é que no lugar a onde ía habitualmente a cealos, xa nunca hai mesa, nin dentro nin fóra, privándome das riquísimas xoubiñas para tapear á noitiña, cunha “rebequiña” por se acaso ataca o nordés; ás veces incómodo pero sempre preferible aos abafantes “calorets” cataláns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor