Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Non vou falar daquelas voltas á clase en Allariz, onde en cada curso pisabamos tarimas diferentes ata que se inaugurou o Centro Escolar, e xa non había tinteiros nin, no meu caso co marabilloso mestre D. Adriano Culebras, vergallazos que tiñan que levar os nenos das aldeas para ser eles mesmos quenes os probasen primeiro.
Isto da “letra con sangue entra” era un lema que se mantivo durante moitos anos en todo tipo de colexos, eu vivino tamén no Seminario, recibindo un dos bofetóns máis potentes que me deron en toda a miña vida por falar no comedor, ou os tortazos e regrazos que recibiamos nos Maristas por cada pregunta fallada; nunca esquecerei ós daquela “Hermanos” Benigno, Primitivo ou Víctor, non habendo neno de ilustre apelido ourensán que librara de recibir algunha súa ración de “panadera”; quizais coa excepción do hoxe deputado Celso Delgado, que era moi aplicado e levaba todo feitiño da casa. Eu non me queixo, porque na miña etapa dos Maristas recibín bastantes Matrículas de Honra, sendo sempre un bo estudante. Tanto imitaba aos meus profes que ata ao chegar cada tarde no Villalón á miña casa de Allariz, despois da merenda disfrazabame cunha bata que semellaba unha das sotanas dos “Hermanos”para escribir con xiz nas portas da casa cal se foran encerados.
Todo isto foi antes da miña partida cara Cheste-Valencia a estudar coa beca das Universidades Laborales, onde a primeira grata sopresa que tiven, ademáis de atoparme co director ourensán Pepe Hermida, foi comprobar como alí non existían os castigos, nin físicos nin mentais. Alí fomos coelliños de indias nos que experimentaron connosco catro bacharelatos diferentes, sendo tratados de auténtico luxo. Será por iso e por pura intuición que o meu pai mercoume previamente a mellor carteira de coiro do mundo que un neno puidera ter, na tenda de marroquinería que había á entrada das “Galerías Centrales”, e as gafas prateadas máis modernas mercadas en “La Gafa de Oro”, todo un luxo que fixo que a miña nai case nos matase polo gasto que fixemos. E por se fora pouco alá que nos fomos ao Cine Principal a ver unha de vaqueiros, e a merendar a pertinente ración de orella. Iso foi unha auténtica previa “Volta ao Cole” como deus manda, antes de viaxar os case mil quilómetros que tiven que percorrer días despois con toda a roupiña bordada co número de expediente para que desde a lavandeiría para cinco mil alumnos internos non che devolvesen unha prenda de sabe deus que talla.
Logo xa tiven moitas outras “Voltas a Clase” ben distintas e felices, sobre todo cando optei por estudar na Laboral de Eibar o bacharelato superior, onde tiña familia e amores e vivín dous dos mellores anos da miña vida. Estudando moito, iso si, eran moi esixentes para manter a beca que eu seguín tendo, pero cun réxime de convivencia realmente envexable, combinando moito estudo cunha boa ración de ocio e liberdade para rapaces de 15 anos, que conviviamos cos estudantes de enxenería como o actor Imanol Arias, de quen me fixen posteriormente bó amigo, sobre todo cando xa eu estudando COU na Laboral de A Coruña veu co seu grupo de teatro e pillamos unha soberana “curda” pola rúa do Franco santiaguesa. Xa daquelas era un excelente actor, mandando os estudos de enxenería a “freir espárragos”, e marchando cara Madrid a vivir situacións de todo tipo ata que foi o gran “Lute”.
Tiven ao logo da vida moitas e boas “Voltas a Clase”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Lo último
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco
TERCERA FEDERACIÓN
Arranca la era del técnico Agustín Ruiz en el Barco
Crisis en Barbadás
El PP barbadés se queda por ahora en la oposición
ÚLTIMO TRIMESTRE DE 2025
Foro La Región, referente del debate político, territorial y emprendedor