Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
No medio desta pandemia, no punto quente, en Outeiro de Rei, está Arcadio Silvosa, amigo e compañeiro, loitando, igual que sempre loitou, por causas xustas, pola liberdade, pola riqueza da alegría e do humor, polo cambio dos tempos. Está coa porta do seu cuarto fechada, atrancándolle o paso ao virus que vén non se sabe de onde e que, co seu camiñar, vai destruíndo o ser da sociedade, desta sociedade nosa desorientada, desconcertada e abatida diante da presencia dese bicho tan pequeno e tan enorme.Aínda que insista no petar e chame tódolos días, ti non lle abras a porta, aguanta como tantas veces aguantaches. Segue, amigo, agarrado a esa idea que te abraza, a esa fermosa idea de vivir con ganas de facer e de ser.
Aínda que hai tempo que non falamos, sabemos e entendemos que cómpre ir comer o pulpo á feira (perdoa que lle chame pulpo, como se lle chama na miña tribo ou en Carballiño e en moitos outros sitios). Á feira, si! A calquera feira das que quedan, festexar, comer, comprar e falar. Mentres tanto, como dicía Benedetti, “imaxina o precioso que pode ser arriscarse e que todo saia ben”. Todo, seguramente, xa que a mal tempo boa feira.
Aquel ictus maldito non pode gañar a partida e o coronavirus non o deixes entrar, resiste e, se é necesario, pide reforzo. Ti, colega e amigo, sabes que a vida dá moitas voltas. Tamén o saben os lectores deste xornal. Voltas e voltas á mesma rotonda, para seguir avanzando cara o punto de partida. Voltas e revoltas entrelazadas construíndo camiño cara a saída.
Aí está o pasado axudando a ver o futuro, ese que se achega paseniño e no que se perciben motivos para erradicar a inxustiza sen máis reviravoltas, para acariñar cada unha das raiolas de sol que peneiran as nubes, para darlle á proximidade o valor que merece, para agarrar a normalidade coas mans e retorcela entre os dedos como se fose a argamasa que mantén a sociedade enteira.
Arcadio, a enfermidade non pode interromper o camiño por máis tempo. Fuches un xornalista todo terreo, un corredor de fondo, un traballador da radio e da prensa escrita e, como di a Tía Manuela, es “un home de lei”. A túa contribucióné necesaria, logo, por favor, non tardes moito en volver e trae forza, toda a forza que teñas para agarrar o micrófono e loitar coa palabra e coa razón contra tódalas malditas pandemias.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Crudo
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Faciendo la más fermosa vía de la nossa geographia
Manuel Orío
RECORTES
Un reparto equilibrado
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
El espectáculo de las expectativas
Lo último
Guerra en Ucrania
Hungría se impone a la UE vetando el préstamo a Ucrania
FUSIÓN DE EM&E CANCELADA
Los Escribano renuncian a la fusión con Indra tras la presión de la SEPI