Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
La balanza del dinero
DIARIOS DO PASADO
A relixión romana non se sustentaba nun sistema teolóxico. Tampouco mitolóxico nin cosmogónico. Baseábase sobro todo no ritual, un programa de accións que tiñan como fin coñecer os designios dos deuses para manter en boa harmonía a relación entre eles e a sociedade. Os sacrificios, parte moi importante do ritual buscaban o favor divino, propiciar a súa boa vontade para manter a prosperidade e a orde social. Tentaban conseguir ese favor coa construción de templos, cos ditos sacrificios ou con outras cerimonias, tanto privadas como públicas, propiciadas esta últimas polo Estado.
En colaboracións anteriores citaba a G. Dumèzil acerca da trifuncionalidade dos deuses indoeuropeos. No caso dos galaicos, era difícil de discernir, pero no panteón dos romanos parece facerse moito máis patente. Así, a Triade Arcaica estaba formada por Xúpiter, Marte e Quirino, representando respectivamente a soberanía e a orde -primeira función-, a guerra -segunda función- e a paz e prosperidade do pobo -terceira función-. Posteriormente, a Triade Capitolina a compoñen Xúpiter -primeira-, Xuno -segunda por representar, de opinión de Díez de Velasco, aos xoves militarizables- e Minerva, -terceira-, avogada dos artesáns e dos traballadores
Aquí, en Ourense, Roma constrúe un edificio para, ao modo romano, practicar rituais que restablecían aos doentes, tal vez afectados pola reuma ou outras enfermidades en relación coas propiedades que agora se coñecen das augas termais ourensás. É moi probable que detrás da construción do edificio-santuario estivese unha política de aproximación aos novos habitantes do núcleo urbano que os romanos estaban a crear.
Precisamente a falta dun sistema teolóxico facilitaba a incorporación de deuses doutras culturas a medida que Roma se ía expandindo. Incluso en Ourense non tivo problema en integrar no culto a un deus indíxena de sobra coñecido por todos vostedes, Revve Anabaraego, hipoteticamente o “Revve do río Bar”, engadíndoo ás prácticas da súa relixión, neste caso concreto con fins curandeiros por medio das augas termais das Burgas. Aquí, en Ourense, Roma constrúe un edificio para, ao modo romano, practicar rituais que restablecían aos doentes, tal vez afectados pola reuma ou outras enfermidades en relación coas propiedades que agora se coñecen das augas termais ourensás. É moi probable que detrás da construción do edificio-santuario estivese unha política de aproximación aos novos habitantes do núcleo urbano que os romanos estaban a crear. Nesta nova e pequena cidade coñecemos ademais outros deuses traídos por Roma. O todopoderoso Xúpiter, “Iupiter Optimus Maximus” -“Xúpiter, o Mellor e Máis Grande”-, un altar descuberto durante as escavacións efectuadas anos atrás no Museo Arqueolóxico, que foi datado, posiblemente, no do século I d. C. Como escribín noutras ocasións, non é estraño descubrir unha ara deste tipo na contorna do museo e da praza da Madalena. Alí atopáronse elementos construtivos romanos de gran calidade, entre eles fustes de columnas, capiteis, basas así como outras pezas marmóreas, sen esquecer o descubrimento dunha cimentación monumental.
Tellus é a personificación da Terra Nai, semellante á Xea grega. Non debemos esquecer outras deidades menores do panteón romano que coñecemos por máis altares descubertos na cidade. No cruce das rúas de Erbedelo e do Dr. Fleming apareceu un, seguramente funerario, que se dedicou aos deuses Manes.
Outra deusa romana, Tellus, está testemuñada coa aparición dun altar na Horta do Caneiro -no actual Camiño Caneiro-, coa inscrición TELLVRI / G SVLP / FLAVVS / EX VOTO: “Gaio Sulpicio Flavvo dedica este exvoto á deusa Terra”. Tellus é a personificación da Terra Nai, semellante á Xea grega. Non debemos esquecer outras deidades menores do panteón romano que coñecemos por máis altares descubertos na cidade. No cruce das rúas de Erbedelo e do Dr. Fleming apareceu un, seguramente funerario, que se dedicou aos deuses Manes. A súa inscrición di D(iis). M(anibus). S(acrum) / LIC(senae). AMAN / DAE LICSE / NVS.CONIV / GI PIENTISS(imae), ou “Consagrada aos deuses manes, Licseno dedica este altar a Licsena Amanda, a súa esposa piadosísima”. Os Manes eran as benévolas almas dos mortos ás que se lles invocaba con ofrendas, para gañar o seu favor. E como non, as Ninfas, deidades menores romanas moi relacionadas coas augas, das que sabemos polo altar que Calpurnia Abana Aeboso dedicou ás das Burgas coa coñecidísima inscrición NYNPHEIS / CALPVRN/IA ABANA / AEBOSO / EX VISV / V S L, ou o que é o mesmo, “Calpurnia Abana Aeboso cumpriu gustosa o seu voto ás Ninfas, baixo a inspiración dun soño”. O altar desta muller co nome romano e “apelidos” galaicos facendo unha ofrenda a divindades romanas cun ritual de oniromancia -curación a través do soño ou “incubatio”-, da fe confluencia cultural entre Roma e Gallaecia dende os inicios de Ourense como cidade.
Todo isto, as crenzas en deuses galaicos e romanos, acontecía antes da adopción dunha nova relixión universal: o Cristianismo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sonia Torre
UN CAFÉ SOLO
La balanza del dinero
Jorge Ron
El balón naranja es otra historia
Chito Rivas
RECUNCHO HEBDOMADARIO
A Batalla de Guilford Ford House
Alexandre Lodeiro Pereira
DIARIO LEGAL
El papel del administrador de fincas en los conflictos comunitarios
Lo último
AYUDAS EN LA CANTABRIA EXTERIOR
Ya se pueden solicitar las ayudas para la remodelación y equipamiento de las Casas de Cantabria en el exterior
Operación financiera
El italiano UniCredit lanza una OPA por el segundo banco comercial de Alemania