Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La aldea que sigue estando debajo
ETNOGRAFÍA RURAL
Defínese á arquitectura vernácula, primitivas, tradicionais ou popular como todas aquelas construcións que empregan materiais e recursos propios da contorna no que se asenta a edificación na que emprega diversos elementos fundamente situados dentro do mundo rural galego.
A arquitectura das clases populares, sen arquitectos nin planos realizada polos propios usuarios ou artesáns de escasa instrucións pero posuidores de gran imaxinación, empregada en edificios basicamente vivendas así como tamén en elementos auxiliares como: muros, estradas , pontes, muíños, lavadoiros, fontes, capelas, cruceiros, petos de ánimas, sequeiros, palcos de música hórreos, pozos, eiras, palleiras, pendellos, cortes, pombais, adegas, etc. exercida sobre o entorno rural con obxecto de modificalo para unha mellor condición de vida que, ende ben, hoxe en día afortunadamente, conta con algunha protección oficial de tipo histórico –artístico empregaba materiais na súa ergueita como a dura pedra do país, madeira, barro, ladrillo, conxuntamente con materiais vexetais como elementos de cubrición: colmo, vimbio, madeira ou paus de árbore e palla; este tipo de construción, preferentemente de tipo funcional, tivo gran importancia noutro tempo no mundo rural galego considerada de xeito erróneo por algunhas xentes como carentes de valor a pesares que moitas delas encerran enormes calidades e tradicións tanto no aspecto artístico como popular adaptadas, de xeito preferente, á finalidade prevista co emprego dos materiais dispoñibles existentes en cada lugar da entorna, caracterízanse pola economía de medios que permiten tanto o aforro de traballo como do emprego dos diversos materiais construtivos.
A arquitectura popular implica preferentemente a ergueita obras que presentan características de tipo tipolóxico moi común en determinados ámbitos xeográficos de acordo ás esixencias da situación do entorno destacando pola súa diversa extensión e utilidade, como por exemplo nas casas, canastros, fontes pontes, airas comunais, fornos, et.
A nosa provincia, dentro da demarcación do Concello de Ourense, na actualidade aínda conta, por desgraza cada vez menos, cunha grande parte desta singular riqueza de construtiva de tipo vernácula e de carácter popular.
Nesta nova angueira xornalística, que hoxe dou comezo con moito cariño e ilusión aparecerán, de xeito paseniño, na nosa prensa local, La Región tentarei por en valor estas pequenas obras populares froito do traballo de anónimos mestres artistas que, aínda ben, consérvanse preferentemente asentadas no ámbito rural galego dentro do noso concello de Ourense.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
La aldea que sigue estando debajo
Juan Andrés Hervella
ETNOGRAFÍA RURAL
Arquitectura popular existente dentro do Concello de Ourense
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Jácome en el columpio
Leonardo Lemos
LA OPINIÓN
Alegría, esperanza y sintonía
Lo último