Juan Pina
Epstein: una operación rusa de décadas
A propósito do intento de nomear a Castelao “primeiro presidente de Galicia” faleilles aí atrás do Consello de Galicia, ese ente que fundou Castelao alá por 1944 para poder xogar ao arrimado cos vascos e cataláns, e formaren unha voz común de cara á que crían inminente caída de Franco. E tamén, dos contactos cos vellos galeguistas que fixera en Buenos Aires durante as miñas estadías alá de acabalo entre os oitenta e noventa do século pasado. Pois durante unha desas viaxes, Pepe Calzado, fillo de Daniel Calzado, ex-alcalde do Tomiño republicano e participante na refundación do Consello de Galiza de inicios dos sesenta, convidoume a pasar polo seu negocio de cafés na Avenida Rivadavia. Alí amosoume “o seu tesouro”. Entre outra documentación do Consello, gardaba na caixa forte o libro de actas daquela refundación, creo, de 1961. Contiña actas cada vez máis curtas, ata inicios dos setenta. O máis curioso que lembro da ollada que lle botei, foi a recepción a Méndez Ferrín na súa viaxe a Arxentina con motivo dos Xogos Florais de 1969 e o informe que este lles transmitiu sobre a avolta situación política en Compostela na primavera anterior. Quedou encantado Calzado co meu abraio ante o documento. E cando lle dixen que eu cría que debería estar en Galicia, no Parlamento, pois sería a institución que mellor encarnase o desexo daquela xente, díxome que o tiña que pensar, que non quería que se perdese, etc. Aos poucos días volvín a Galicia e a mesma mañá da chegada vin na prensa que unha ampla delegación de políticos galegos do goberno e parlamento desembarcaban en Buenos Aires, capitaneados por Fraga e Vitorino Núñez. Sabedor de que paraban sempre no Hotel City, -que era onde parabamos, tamén, os profesores, porque o dono, Florencio Aldrey, tiña un trato especial coa Xunta- puxen de inmediato dous fax ao hotel. Un para Vitorino, -nunca antes falara con el- explicándolle a posibilidade da súa incorporación aos fondos do Parlamento dada a boa vontade, precisada de concreción, de don Xosé Calzado, de quen lle pasaba os datos de contacto. E outro, a Alfredo Cid, Xefe de gabinete, recontraparente, e persoa que algo trataba, pedíndolle que fixese o posible para que o xefe xestionase o tema. E fíxoo.
Chegou un home traxeado ao seu negocio e presentouse “Bos días, son o Presidente do Parlamento de Galicia”
O caso é que Vitorino -díxomo el logo- lera o fax e vira a ocasión de “escapar” da comitiva de Fraga e da súa soporífera e acelerada ringleira de discursos, peticións, saúdos e gaiteiros. Calzado comentoume logo a escena. Chegou un home traxeado ao seu negocio e presentouse “Bos días, son o Presidente do Parlamento de Galicia”. Pepe, exultante de orgullo pola visita inesperada, axiña lle ensinou o libro de actas. Ofreceullo para que o trouxera canda el na viaxe de volta. Vitorino díxolle que non, que os convidaba a el e á súa dona para que o entregasen no Parlamento de Galicia, nun acto oficial e solemne.
De alí a uns meses, cando se concretou a visita, convidáronme á entrega. Presentes estaban representantes dos tres grupos. Falei antes co bibliotecario receptor e aproveitei para xuntar a aquelas actas que entraban no Arquivo e Biblioteca do Parlamento, o libro de contas do Consello, que incluía todas as etapas, e que apañara eu dun soto asolagado, a piques de ir ao lixo, dunha entidade galega de Buenos Aires. Aquela “recollida” foi o xeito de axilizar o seu rescate e posta á disposición pública en Galicia.
Isaac Díaz Pardo, tan celoso da exclusividade do trato con América, comentoume que a documentación toda da primeira parte, tíñaa el. Nunca turrei do fío. En fin, creo que está ben que a memoria do Consello de Galicia repouse no Parlamento, pois aínda que non fose un goberno no exilio, foi unha boa intención dunha boa xente, cun gran simbolismo histórico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan Pina
Epstein: una operación rusa de décadas
IGREXAS E CAPELAS OURENSÁS
Igrexa Santa María – Francisco Blanco, Tameirón
Luis del Val
La extraña soberbia
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
A emigración e un señor dos Peares
Lo último
Crecen los motores híbridos
El coche de ocasión inicia 2026 por encima de las nuevas ventas en Ourense
DINAMIZACIÓN COMERCIAL
As parellas que digan “si, quero” en Verín terán premio de voda
PRIMERA FUTGAL
Brais Fernández, del Peroxa: “Espero seguir marcando”
Gestión municipal
El gasto en personal merma las inversiones reales de Xinzo