As inútiles obras eternas

Publicado: 23 mar 2025 - 00:35
Opinión en La Región.
Opinión en La Región. | La Región

Acaban de romperse as negociacións que mantiñan a tres bandas Xunta, Concello de Ourense e a asociación que agrupa ós comerciantes da Praza de Abastos, destinadas a rematar os traballos que restan para facela operativa -a Administración autonómica comprometeu un millón de euros para elo-, nos que se atenderían tamén suxerencias dos propios responsables dos establecementos que alí han de instalarse. Dado o funcionamento atrabiliario do Concello, agora mesmo resulta imposible interpretar que significa exactamente o portazo á negociación.

Camiñamos cara os sete anos dende que as empresas ubicadas na vella Praza abandonaron o espazo para ubicarse no recinto provisional habilitado na Alameda, sin que existan visos de verosimilitude para aventurar unha data para que poidan retornar. Mentras a Alameda, espazo público de referencia para o lecer, permanece ocupada nunha parte, desleixada no resto, e con camións e furgonetas entrando e saíndo para carga e descarga de mercancías. Cando, como e cos diñeiros de quen, recobrará o seu estado orixinal?

Camiñamos cara os sete anos dende que as empresas ubicadas na vella Praza abandonaron o espazo para ubicarse no recinto provisional habilitado na Alameda, sin que existan visos de verosimilitude para aventurar unha data para que poidan retornar.

Esto é posible pola conxunción imprescindible que xa se fixo costume: incapacidade municipal para entenderse con terceiros en cuestións común, falla de decisións efectivas por parte da oposición para resolver a situación e pasividade absoluta da sociedade ourensá a todos os niveis para reclamar medidas que poñan fin ao marasmo crónico degradante da calidade de vida dos administrados que nos alonxa cada vez máis dos referentes próximos.

A abdicación dos compromisos reais leva a que se nos preguntamos pola solución para reverter a situación actual, concluiremos que non existe, cousa que con ser grave non sería o peor, pois tendo a porta aberta a decisións descabelladas, poden seguir sucedéndose ata quen sabe onde. Neste senso, acabamos de coñecer que o Concello rexeita o traballo para a gran senda urbana que a Xunta está a piques de rematar no barrio de A Punte. Nestes momentos, aínda de provisionalidade, o espazo adicado a paseo na rua das Caldas xa está sendo utilizado como aparcadoiro de vehículos. Se no futuro inmediato dende a Praza Maior se traslada á Policía Local a actitude de tolerar esa práctica, o cuantioso investimento enterrado nesa rua non valería para case nada.

Cinco anos leva pechada a piscina termal de As Burgas e deberá agardar aínda ata o outono para estar lista -polo menos-, xa que rematadas hai un ano as obras levadas a cabo no vaso, para adecuarse ás esixencias da Lei de Aproveitamento Lúdico das Augas Termais, resulta que verte auga. Como sempre, a culpa foi do chachahá. Pois que siga a festa.

Contenido patrocinado

stats