Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El sintecho que nunca volvió del frío
Que está a pasar no noso país, na nosa sociedade cando cada día nos despertamos coa noticia novamente da morte dunha muller ou dun menor? E non é a invención nin a manipulación da que escribe, só hai que mirar os datos e as estatísticas para decatarse de que algo non está a funcionar. Como é posible que nunha sociedade democrática, que establece por lei a igualdade efectiva entre homes e mulleres, sígase producindo violencia cara ás mulleres de maneira tan persistente?
Xa abonda de tanta violencia contra as mulleres e as súas fillas e fillos
E cuidado. Hoxe centro a mirada nun mecanismo ideolóxico que pasa máis inadvertido a pesar de que entra nas nosas vidas cada día por múltiples camiños. O avance da ultradereita que está a calar nas nosas sociedades, supón un serio perigo co seu discurso negacionista da existencia da violencia contra as mulleres. No seu adn vai defender a ideoloxía patriarcal, amparar ese machismo que lonxe de ser unha rémora do pasado está a aflorar sen complexos. Retorcen a realidade, as propias estatísticas, con ese convencemento de que todo é unha farsa. No fondo o que se persigue é que as mulleres volvamos “ao noso rol”, a ser persoas de segunda; a esos estereotipos sexistas, de ideas simples, previas, irracionais que se atribúen ás persoas en función do seu sexo, prescribindo características sobre a súa maneira de ser (a súa identidade) e de comportarse (o seu papel social). Será que algúns nos ven como unha ameaza e por esa razón nos califican de maneira despectiva como feministas ou peor, como feminazis. Haberá que recordar a denominación de feminismo según a RAE: “Principio de igualdad de derechos de la mujer y el hombre”. Pois iso, todas aquelas persoas que entendemos este término, sí, somos feministas.
Xa abonda de tanta violencia contra as mulleres e as súas fillas e fillos.
A violencia contra as mulleres non pode ter cabida en ningunha sociedade actual e democrática. Hai que erradicar os vestixios do pasado para evolucionar e construir unha convivencia xusta e igualitaria. É fundamental a implicación dos poderes públicos, con políticas de igualdade específicas e transversais. É imprescindible o papel do Ensino, en todos os seus niveis, con leis educativas que integren como principio vertebrador a educación en igualdade e coa implicación de todos os colectivos da sociedade.
Debémosllo a todas as mulleres asasinadas e aos súas fillas e fillos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
El sintecho que nunca volvió del frío
Manuel Orío
RECORTES
De uno y otro lado
Itxu Díaz
EL ÁLAMO
La pesa del aizkolari
David Alvarado
Desleixo sen castigo
Lo último
ESCÁNDALO EN LA ALTA COCINA
René Redzepi dimite del restaurante danés Noma tras denuncias de abusos al personal
PROPIEDAD ESTATAL CONFIRMADA
El Pazo de Meirás no pertenece a los Franco, pero serán indemnizados por su mantenimiento desde 1975
DETERIORO EN LA CIUDAD
Concepción Arenal abre el camino al parcheado de baches en Ourense