As ovellas perdidas

DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE

Publicado: 30 oct 2026 - 03:40
Opinión en La Región
Opinión en La Región | La Región

“Ide primeiro ás ovellas perdidas de Israel”

(Mateo 10:8)

Despois da elección dos 12 apóstolos, Xesús dá as primeiras instrucións en relación coa súa estratexia de difundir a mensaxe. A primeira vista parece algo inxusto. Por que se atende primeiro ao pobo de Israel? A resposta está no propio libro de Mateo, porque este evanxeo está dirixido directamente a Israel. Porén o desexo de Xesús era levar a todos o Evanxeo. Primeiro a Israel e tamén aos xentís. Este versículo fala do amor que tiña polo seu pobo a pesares de que o pobo non o quixo ( Xoán 1:11). Este feito de dirixirse primeiro a Israel trouxo moitas controvesias na iglexa do século I. Primeiro entre Pedro y Cornelio que era centurión. Despois con Paulo, apóstolo dos xentís. Finalmente coa nación de Israel que cren ser o pobo de Deus. Mais o pobo de Deus foi ampliado a todos os que cren nel. (Xoán 1:12)

Contenido patrocinado

stats